Copia de TEMA 0

Aquí tedes a presentación do tema introdutorio

Para descargala é necesario abrila en pantalla completa.

Recordade que, aínda que non entrará no primeiro exame, son coñecementos básicos que imos a empregar nos seguintes. Polo tanto, é importante telos claros.

Podedes ler algo máis sobre a historia da Anatomía no seguinte enlace:

Artigo 1

Artigo 2

E se queredes repasar os tecidos recoméndovos o Atlas da Universidade de Vigo. Inclúe explicacións completas, ademais de moi boas imaxes.

Posicións anatómicas

As posicións básicas do paciente encamado son todas as posturas ou posicións nas que se pode colocar ao paciente en cama, mesa de exploracións u operacións, etc.

Entre as posicións nas que podemos colocar a unha persona debemos diferenciar entre: posicións básicas e posicións cirúrxicas. As primeiras van dirixidas aos/ás pacientes encamados/as con movilidade reducida, principalmente para evitar úlceras por presión (UPP). Ditas posicións son de interese para o manexo do paciente polo personal sanitario e, sobre todo, polo auxiliar de enfermería.

Pero, que posición empregarías para aplicar sobre o paciente diferentes técnicas como cirurxía de diafragma, intervención de columna, exame de próstata..? Podedes respostar a estas cuestións e ampliar información nos seguintes enlaces:

http://www.auxiliar-enfermeria.com/esquemas/esquema_posiciones.htm

http://mural.uv.es/vipenfer/tecnicas_cuidados_posicionesAnatomicas.html

Actividade 1.pdf

Actividade 1. Técnicas de diagnóstico por imaxe

Aquí tedes a primeira tarefa do curso.

Data de entrega: 1 de Novembro

Formato de entrega: documento de Google ou aula virtual

Recordade poñer cara o final webgrafía e o voso nome

Grasa parda.pdf

Curiosidades. Investigando a graxa parda

Que é a graxa parda? Onde está? Por que a súa activación podería usarse para adelgazar?