3. Investigando sobre neurociencia
- Sabías que determinadas substancias actúan como verdadeiros venenos, a nivel das hendiduras sinápticas, dificultando a transmisión do impulso nervioso? Estas reciben o nome de neurotoxinas.
- Coñeces o caso de Clive Wearing, un home con 7 segundos de memoria?
- Por que nos contaxiamos os bostezos? Por que as personas que conviven xuntas teñen xestos en común? A resposta está nas neuronas en espello, unha conexión invisible entre mentes que permítenos aprender, ensinar e sobrevivir.
- Por que as cóxegas producen habitualmente unha sensación placentera? Certo neurotransmisor dános a clave e as neuronas responsables foron identificadas en ratas. Estes roedores tamén rin, pero cando o fan emiten ultrasóns fora do rexistro do oído humano.
- Como sabes os seres unicelulares carecen de sistema nervioso. Significa isto que son incapaces de aprender?
- Que estudios realiza o Instituto Cajal pertencente ao CSIC?
- Sabías que se deseñou un simulador da visión dos insectos con importantes aplicacións?
- En que consisten a miopía, a hipermetropía, o astigmatismo e o daltonismo?
Ponte na pel dun redactor da revista científica National Geographic e tras documentarte sobre estes, ou outros temas que esperten a túa curiosidade, escribe un artigo breve.