O vento a favor (azul) desprázase cara á dereita á velocidade Va (que podes variar movendo a puntiña da frecha azul), e o vento en contra(vermello) faino cara á esquerda (neste caso, á mesma velocidade). Os puntos móbiles representan folliñas arrastradas polo vento.
A fonte emite un son(en negro) que podes variar movendo o punto LA (Lonxitude en horizontal, Amplitude en vertical).
Comproba como varía a lonxitude de onda medida polos detectores ao variar a velocidade do vento, Va.
Nota: No caso de ondas sonoras na atmosfera, o valor v = 1 significa Mach 1, é dicir, 3323m/s ou 1200 km/h !
Comproba visualmente como as ondas son arrastradas polo vento.
Se mides as frecuencias na fonte e no receptor (contando a saída ou o paso de 10 ondas por cada un deles) poderás comprobar que non hai diferencias.
A lonxitude de onda é claramente maior na parte da onda que avanza a favor do vento e menor na que avanza en sentido contrario (cara a esquerda neste caso).
Se vas aumentando a velocidade ata 1, verás como se achegan as ondas da esquerda ata xuntárense cando v =1. Para velocidades maiores, as ondas xa non avanzarían cara a esquerda, pois o vento as arrastra cara a dereita con maior velocidade que a de propagación delas.
Comparando coa visualización deste mesmo fenómeno sen o efecto arrastre (na páxina "efecto RADAR") podemos observar que, agora, a forma das ondas que van e veñen é a mesma, e o que varía é a velociddade destas.
Vemos tamén que a forma das ondasno sangue coincide coa forma da onda representada no glóbulo vermello, xa que para este o medio está en repouso, e as ondas (para o glóbulo ) desprazaríanse á velocidade 1. Como v = L/T, a lonxitude de onda e o periodo serían iguais, e por iso coinciden a forma dentro do glóbulo (periodo) e fóra del (lonxitude de onda).
Mais o que nos interesa é o que mide o detector, e neste caso vemos que non coinciden as formas dentro e fóra da caixa.
Porén, se contamos o número de oscilacións nun certo tempo na parede do detector para a onda entrante e comparamos coa mesma medida para a onda sainte, vemos que a proporción coincide coa representada na figura.