Observa como, ao recibiren unha fronte de onda plana, as partículas existentes no interior da fenda comezan a vibrar, converténdose cada unha no foco dunha onda esférica (en vermello.
Isto chámase Principio de Huygens.
As compoñentes laterais anúlanse coas das partículas veciñas, e a fronte común (azul) é plana.
Mais se non hai veciñas (nos bordes da fenda) non se anula, e aí é onde se produce a difracción (onda esférica procedente dos bordes dunha fenda ou obstáculo).
Podes mover o borde da fenda para comprobar que, cando esta é do tamaño da lonxitude de onda, a difracción predomina sobre a propagación.
As frontes planas procedentes da esquerda, ao impactaren na fenda circular, producen dous tipos de frontes. Podes activar os raios para velos mellor.
Unha fronte (vermella) é plana, semellante en tamaño á fenda.
A outra fronte (rosada) é unha semiesfera, procedente dos bordes da fenda,
A proporción da onda difractada en relación coa propagada é maior canto menor é o tamaño da fenda.