Popdes variar a inclinación do raio incidente (punto azul).
Selecciona a Normal (que é a liña perpendicular á superficie reflectinte) e comproba que os ángulos incidente e reflectido son iguais,
Selecciona as frontes para ver como a onda vai incidindo na superficie e refléctíndose ao longo de toda ela.
Pódese variar a inclinación da superficie. Se deixas só o raio incidente, podes tentar predecir a dirección do raio reflectido e comprobalo despois.
Varía a inclinación da parede e a posición do foco.
Selecciona para ver un foco imaxinario no interior da parede e do que semella proceder o eco. Corresponde coa imaxe que veríamos ao mirarnos, se a parede fose un espello.
A gráfica é unha proxección en dúas dimensións, na que as frontes esféricas aparecen como circunferencias.Raio incidente: azul. Raios reflectidos: vermellos.
Podes variar a inclinación do raio incidente e do segundo plano reflectinte (puntos azuis) para comprobar que o primeiro raio reflectido non varía, mentres que o segundo sí o fai.
Podes seleccionar as normais para entender mellor as reflexións, e os ángulos para ver como varían ao inclinar o raio incidente e o espello.
Varía a inclinación do raio incidente e da parella de espellos (movendo os puntos azuis)
Tenta averiguar cara onde irán os dous raios reflectidos, e comproba que o segundo, idependentemente das inclinacións dos espellos e do raio incidente, regresa sempre en paralelo a este e en sentido contrario.
Este é o fundamento dos reflectantes catadióptricos nos coches, asi como dos reflectores das ondas de radar que levan os barcos veleiros no cumio do mastro.
Preme no botón de animación (abaixo á esquerda) para activar o tempo. Comproba que as frontes saen do foco de xeito circular (propagación esférica) e son reflectidas de xeito que retroceden como frontes planas.
Este é o xeito no que funcionan os proxectores da luz dos faros, asi como de certos altofalantes. A fonte está no foco, e a onda sáe do dispositivo como frontes paralelas, co que non perde intensidade por atenuación (máis sí por absorción).
Este é tamén o fundamento das antenas parabólicas. Para ver como funcionan, desactiva o tempo e move o cursor manualmente cara atrás. Neste caso, as frontes entrantes (vermellas) veñen planas procedentes dunha fonte lonxana (un satélite, unha estrela) e concéntranse circularmente no foco, onde está o receptor do sinal.
As ondas esféricas procedentes do foco (punto negro) vanse transformando en frontes planas a medida que se propagan cara o outro extremo, no que se convirten de novo en frontes esféricas que rematan converxendo no foco receptor (punto veremello).
Podes desprazar os dous focos e a forma do espello (punto azul). Comproba que hai dous casos extremos:
Caso circular (no que os dous focos coinciden); as frontes son sempre esféricas, primeiro diverxentes e logo converxentes.
Caso lineal (no que os dous focos están moi alonxados e o punto azul moi perto dun deles): as frontes son practicamente planas, e propáganse dun foco ao outro coma se estivesen nun tubo. Deste xeito funcionan as guías de ondas.