Se mides as frecuencias na fonte e no receptor (contando a saída ou o paso de 10 ondas por cada un deles) poderás comprobar que a frecuencia é maior no lado dereito (e sería menor no esquerdo: podes colocar un dedo na pantalla comose fose outro receptor para comprobar isto).
Se vas aumentando a velocidade ata 1, verás que as ondas dianteiras se van achegando cada vez máis, ata xuntarse cando v =1 (Mach 1) . Isto chámase a "barreira do son" e os avións de hélice son incapaces de sobrepasala, mais sí os de reacción).
Para velocidades maiores (Mach > 1) , fórmase unha "onda de choque" en forma de V na parte traseira do avión.
f = 1/(1-v) = 1+ v/(1-v)
Ten en en conta que se usan unidades nas que a frecuencia de saida é igual a 1 e a velocidadede propagación das ondas de radio (que é a mesma que a da luz) tamén é igual a 1.Unha fonte (circulo negro) móvese a unha velocidade v (que podes variar movendo o cursor). A onda (de lonxitude L e amplitude A, que podes variar movendo o cursor LA), é medida por un receptor situado no centro.
Comproba como varía a medida da frecuencia cando o vehículo para polo punto onde está o receptor.
Nota: A velocidade do vehículo mídese en unidades de Mach (Mach = 1 corresponde á velocidade do son no aire, é dicir, 333 m/s ou 1200 km/h !)
Cando a velocidade do obxecto móbil é pequena comparada coa velocidade da onda emitida, pódese aplicar a seguinte fórmula simplificada:
Se usamos unidades nas que a frecuencia e a velocidade da onda non sexan iguales a 1, a fórmula para a variación da frecuencia sería a seguinte:
Onde Fo e Vo son a frecuencia e a velocidade da onda, respectivamente.