Movendo os puntos negro e vermello podemos variar a inclinación e a velocidade dos raios incidente e refractado. Os raios das circunferencias de puntos son unha medida da velocidade da onda encada medio.
Comproba que o raio refractado "penetra" máis (desviándose hacia a normal) canto menor é a velocidade no segundo meio.
Pódelo comprobar visualizando as frontes (e premendo no botón da animación, abaixo á esquerda). A chave está no feito de que as frontes deben coincidir na superficie de separación dos meios.
Variando o cursor do índice de refracción do segundo meio (n, supoñendo que no primeiro é igual a 1), comproba que para n maior (velocidade menor, xa que n=1/v) o raio vermello achégase máis á normal.
Despois, movendo o punto vermello da gráfica dereita, podes comprobar como o punto negro da gráfica cumpre sempre a lei de Snell (indicada na propia figura).
Podes verificar os ángulos nas escalas graduadas da propia figura.