Cando 2 vibracións (A e B) coa mesma frecuencia e diferente fase coinciden nun punto, os fasores súmanse para dar a vibración resultante (S).
Preséntase inicialmente un desfase de 90º (cuadratura). Observa os fasores estático (esquerda) e dinámico (centro), así como as vibracións (defreita). Podes variar o raio dos fasores (r) para aumentar ou diminuir a amplitude.
Tamén podes variar o desfase. Comproba como a superposición oscila entre valores máximos (interferencia construtiva, desfase nulo) e valores mínimos (interferencia destrutiva, oposición de fase: 180º).
A curva violeta representa a variación da amplitude (da superposición S) co desfase.
Variando o ángulo de desfase podes comprobar (sobre todo na visión tridimensional da dereita) como un efecto case imperceptible (pois os dous tubos azul e vermello, que recollen os fasores das ondas A e B, case non se distinguen) produce un resultado moi visible (o tubo violeta, que recolle o fasor da onda resultante da superposición de A e B, varía entre un máximo e un mínimo).
A diferencia no camiño percorrido causa a variación na intensidade resultante
As dúas partes da figura presentan o mesmo fenómeno. Do lado esquerdo, como ondas transversales. Do lado dereito, como fasores xirando.
Despraza o punto B para comprobar como oretraso da onda vermella causa unha modulación (ou variación de amplitude) na resultante S (de cor violeta).
Podes comprobar que cando o retraso abarca unha ou varias lonxitudes de onda completas, a superposición S ten amplitude máxima, mentres que cando o retraso abarca media lonxitude de onda adicional, a amplitude resultante S é mínima (neste caso, no que as amplitudes das ondas azul e vermella son iguais, chega a ser nula).
Para identificar mellor o retraso (ou retardo), activa a casiña correspondente.
outra opción (con menos info):