PERCORRIDO POLA CIDADE DE VIVEIRO I

CALEXÓN DO MURO: un estreito pasadizo que formaba parte do parapeto da antiga muralla, só ten entre 1,5 a 2 metros de anchura, e considérase unha das rúas máis estreitas de España.

CASA DOS LEÓNS: Fachada do edificio tardo renacentista do século XVII, recibe ese nome polos dous leóns de pedra que aparecen a ambos lados do escudo da familia Ponte Prada e Parde de Lama Andrade, veciños de Ferrol. No ano 1987 foi remodelada.

PORTA DE CARLOS V: Comezou a construírse no ano 1548 para substituír outra do século XIII deteriorada pola acción das mareas e polos incendios. Erixiuse en homenaxe ao emperador Carlos V de Alemaña e I de España, por eximir de tributos a Viveiro, mentres non fose reconstruído, debido ao incendio de 1540.A porta conta co tres corpos ou partes diferenciadas, no primeiro cun ardo de medio punto cos escudos de Galicia e Viveiro. No segundo corpo destaca o escudo imperial coroado co busto do emperador, flanqueado por catro medallóns que representan aos fundadores da vila. Todo o conxunto remata cunha artística cornixa, e almenas decoradas.

IGREXA DE SANTA MARÍA DO CAMPO:

Aínda que non se coñece a data exacta da súa construción, e os documentos máis antigos fan referencia a que esta basílica "remóntase a unha época antiquísima na súa construción e tan difícil de pescudar que se perde na historia dos séculos",​ suponse que o actual templo data do século XII, debido a que o estilo arquitectónico románico é o que está presente nesta construción.

A igrexa é de planta basilical con tres naves: a central, de seis metros de ancho e as laterais de tres. Separan as naves tres columnas por cada lado. Conta cunha ábsida semicircular.

A fachada termina en punta de dúas vertentes e está coroada por unha cruz. Ten aos seus lados dúas torres cuadrangulares, rematadas en forma de campá. Na da esquerda está situado un reloxo e na da dereita está situado o campanario, con tres campás.

CONVENTO DAS CONCEPCIONISTAS FRANCISCANAS DE VIVEIRO:

A súa construción data de finais do S. XVI. É un convento de traza renacentista, que contrasta coa ábsida románica da igrexa de Santa María do Campo. No lugar está a coñecida pola GRUTA DE LOURDES, é unha réplica fiel e a escala da gruta gala, fíxose en 1925.

CALEXA DAS MONXAS:

Ao seu lado áchase a Calexa das Monxas, de época medieval, que vai desembocar na PORTA DO VALADO (hoxe rúa María das Ás Pumariño; fundadora do convento). Esta porta é das mesmas características que a Porta da Vila, pero de menores proporcións, polo que se considera unha porta secundaria, mentres a PORTA DÁ VILA, (1217) é considera a entrada principal da antiga calzada romana.

IGREXA E CONVENTO DE SAN FRANCISCO:

O convento e a Igrexa de San Francisco están situados no extramuros do antigo recinto amurallado. O convento foi fundado no 1219 polos franciscanos e aínda se conservan os arcos románicos do trazado primitivo. O claustro actual consta de dous pisos e é obra de Diego Ibáñez Pacheco, século XVII.

A Igrexa comezou a construírse no século XIV. O ábsida é de estilo gótico.

PRAZA MAIOR OU PLAZA DE PASTOR DÍAZ:

Centro vital da cidade.

Como o seu nome indica é a máis grande das 4 prazas da cidade. A praza maior está presidida pola figura de Nicomedes Pastor Díaz, escritor e político, natural de Viveiro, escritor do Romanticismo, reitor da Universidade de Madrid e ministro dun goberno da etapa isabelina. Entre os monumentos máis representativos esta a antiga casa consistorial hoxe Biblioteca Pública, coroada cun artístico reloxo de sol.

FONTE DA AREA:

Situada ao pé dos muros do convento de San Francisco a Fonte da Area debe o seu nome a que, antes dos recheos, ata alí chegaba a beira do mar.

MERCADO OU PRAZA DE ABASTOS: