BANDEIRA E ESCUDO

No escudo da Moi Nobre e Moi Leal Cidade de Viveiro trae por armas, no campo de gules, unha ponte de prata de cinco arcos, sostido de fajado-ondeado de prata e azul, e sumado de león de ouro coroado do mesmo, e acompañado de cinco custodias de ouro, coa sacra forma de prata, postas tres en xefe e unha en cada flanco. Ao timbre, coroa real pechada. Enrique Chao Espina

A máis antiga representación destas armas (pero sen coroa) está esculpido no Castelo da Ponte ou Porta de Carlos V, monumento de arte plateresco cuxa construción rematou no ano 1554. Neste edificio, as armas do emperador Carlos V están acompañadas á dereita pola de Galicia, e á súa esquerda polas de Viveiro.

A bandeira municipal de Viveiro componse de seis franxas horizontais de 1/6 de ancho e igual ancho entre si. As súas cores son o azul e o branco, sendo a primeira franxa da parte superior en cor azul. O seu deseño é igual que o da Provincia marítima de Lugo, xa que séculos antes coñecíase como a Provincia marítima de Viveiro, aínda que o ton do azul é máis claro na bandeira vivariense.