SOUTO DA RETORTA

O Souto dá Retorta atópase entre as localidades de San Pedro de Viveiro e Chavín, máis concretamente no lugar de Calvoso, moi preto da poboación de Viveiro, na provincia de Lugo (Galicia).

Tamén coñecido como “o eucaliptal de Chavín”, trátase dun bosque de eucaliptos dunhas dimensións incribles. Con alturas que superan os 80 metros e os 10,5 metros de perímetro, este eucaliptal está declarado Espazo Natural Protexido e Monumento Natural.

Á árbore máis vella do Souto da Retorta coñéceselle como “O Avó”, ten 135 anos e mide 68 metros de alto e 10,5 de perímetro. Ademais, está catalogado como a árbore máis grande de España.

VISITAS REALIZADAS POLO NOSO COLEXIO

AO SOUTO DA RETORTA

Abril 2011

Maio 2014