CEIP DE CELEIRO Viveiro (LUGO)

"VIVEIRO, O NOSO CONCELLO"

PROXECTO DUCUMENTAL INTEGRADO

No curso 2017-2018 o tema que imos traballar como Proxecto Documental Integrado, en todos os niveis (Infantil e Primaria), é o estudo de

VIVEIRO, O NOSO CONCELLO.

Pero ademais integraremos o proxecto de Voz Natura (Espertando ao Maio), e o proxecto da MICRORREDE (A Mariña pensando en feminino).

Cada profesor/a dará o seu enfoque persoal que lle permita integralo na didáctica da súa aula.

O obxectivo principal é que os traballos que se preparen sexan curriculares e formen parte do traballo avaliable de cada aula. Nesa medida, cada titor/a adaptará as propostas ao seu estilo didáctico e a súa programación de aula.

A biblioteca Escolar achegará os recursos necesarios para levar adiante todas as propostas tendo en conta tamén as diferentes conmemoracións e celebracións ao longo do curso.

Propostas :

Estudo xeográfico do Concello: Situación, límites, montes, ríos, ría, mar,…

Estudo das súas parroquias, localidades…

Estudo da súa parte administrativa: edificio e dependencias, servizos, policía local, servizos sociais...

Entrevista á alcaldesa.

Visita ao Concello e casco histórico.

Visita ao entorno natural do Souto da Retorta.

Estudo do conxunto histórico-artístico de Viveiro: muralla, portas, igrexas, mosteiros, ilustres, cerámica, ourives…

Coñecemento de escritores nados ou relacionados con Viveiro.

Coñecemos algunha empresa de Viveiro.

Celebración do maio en Viveiro.