TFM O PASO DO TEMPO

CARRAL, VILA IMAXINARIA 2030

Este é o resumo do fermoso traballo da alumna de prácticas, Noemi Vázquez, do TFM nas aulas de 1º A e B de EP dentro do PDI do centro "Descubrindo Carral: temos moito que contar." A través de diferentes microaccións crearon entre todos unha instalación artística de nome "Vila Imaxinaria 2030" que mostra a través da fotografía e da pintura o paso do tempo (presente, pasado e futuro) da vila de Carral e dos nenos e nenas. Algúns do referentes artísticos que utilizou Noemi para esta instalación foron o fotógrafo carralés Cardoña e outros como Irina Werning, Boltansky, Esther Ferrer, Manuel Sendón, Carla Andrade, Hundertwasser ou Bego M. Santiago. Esta é outra forma de traballar a Educación Artística na aula con referentes que achegan ao alumnado á arte contemporánea. Este traballo estivo exposto no Toñito Espiñeira o venres 26 de abril onde o puideron visitar familias e alumnado. Aquí deixamos uns vídoes resumo coa promo e o resultado así como a xustificación teórica do seu traballo.

Complementando este traballo dende a biblioteca propuxéronse dúas actividades relacionadas coa fotografía e o paso do tempo. Un encontro coa coral "Aires de Carral" onde desfrutamos da presenza dos nosos maiores e das súas explicacións e charlas sobre unha selección de fotos antigas e a gravación do programa "Anacos de Vida" da TVG, no que participou o alumnado de 1º de EP e que será emitido despois do verán.