mes da ciencia: panesía

CIENCIA, PAN E POESÍA POLO MES DA CIENCIA.

O mes de Novembro é o MES DA CIENCIA EN GALEGO, dende a biblioteca celebrámolo con varias actividades. Unha delas chegou por carta a todas as aulas cunha petición: Pingüi quería facer un libro que mesturara as temáticas principais da nosa biblio este curso que son as poéticas diversas e o proxecto sobre Carral. Trátase dun libro colaborativo onde os pequenos de Educación Infantil son os ilustradores e os maiores os escritores. Aproveitamos para distinguir os tipos de texto: os informativos (definicións científicas) e os literarios (a través de metáforas, comparacións e greguerías). Nas entradas e saídas do cole escoitamos a canción do grupo Migallas "Pan de millo" . Velaquí a carta enviada ás clases.

CARTA PRIMARIA (1).pdf
FICHAS PRIMARIA (1).pdf



Durante unha semana nos recreos os nenos e nenas de 3º A presentaron experimentos científicos cos elementos que fan falta para elaborar o pan, así o alumnado do centro puido tocar, observar e explorar o millo, a terra ou a auga. Aquí se poden ver unhas imaxes dos mellores momentos.

VELAQUÍ O PRODUTO FINAL DESTA TAREFA: PANESÍA.

Ademais os nenos e nenas do centro, un por cada clase, leron os poemas na Festa do Pan e o día das Letras Galegas no centro. Aquí unha imaxe dos ensaios na hora de ler.