EXPOSICIÓN FINAL

FEIRA CULTURAL

O día 14 de maio, nunha semana chea de actos polas Letras Galegas, fixemos a exposición das investigacións feitas dentro do PDI . A Feira Cultural consistiu en que cada curso mostrou a todos e todas os produtos finais dos seus traballos. Grazas pola colaboración de todo o profesorado e grazas aos pequenos e pequenas polo seu traballo, fixérono xenial tanto como visitantes como de anfitrións. Foi unha pequena festa da aprendizaxe! Aquí deixamos un vídeo resumo.