5º DE EP:

A ORGANIZACIÓN POLÍTICA.

Os rapaces e rapazas de 5º A, B e C estiveron traballando sobre as institucións, a política e a participación democrática dentro do PDI.

Visitaron o Parlamento de Galicia onde lles explicaron as orixes do edificio, ademais os deputados de distintos partidos políticos ensináronlles as instalacións e acudiron a unha sesión plenaria. Na Xunta explicáronlles tamén a historia do edificio, as distintas concellerías cos seus respectivos concelleiros e o presidente.

No Concello de Carral cada clase creou un partido político cos seus respectivos representantes. Foron tres partidos políticos os que levaron as súas propostas e espuxéronas no salón de plenos. Alí votaron e elexiron ao alcaldei infantil. Para rematar a visita puideron comprobar de primeira man as depedencias e que se facía nelas.

O alumnado de 5º C ademais gañou o premio Luís Freire coa súa investigación sobre o pan a partires da pregunta: Por que o pan en Carral se pon blando e en Ourense se pon duro? Para ver a repercusión deste traballo nos diferentes medios pódes picar AQUÍ, AQUÍ ou AQUÍ.