3º DE EP

CASTROS E CASTREXOS


Dende a aula de 3º A e B o alumnado estivo recopilando información sobre o seu pasado. Descubriron que os vestixios dos castrexos de Carral teñen unha particularidade: as casas eran de pallabarro, por iso non quedaron as pedras circulares como noutros castros de Galicia. Fixeron ademais un tríptico informativo con estes e outros achádegos interesantes. Velaquí un resumo.



A aula de 3º A foi a encargada de levar a cabo as actividades da Semana da Ciencia relacionadas con experimentos científicos cos elementos que fan falta para elaborar o pan:a auga, o millo e a terra ou sustrato. A de 3º B pintou un mural castrexo na súa aula coa axuda da ilustradora Estefanía Padullés.