6º EP

MOITO STEM EN CARRAL

En 6º A ensináronnos e diseñaron un muíño, como os do Batán, os antigos muíños de pedra que funcionaban coa forza da auga na caída dos ríos. Os de 6º B, a través de robótica e códigos QR ensináronnos a contorna, presentáronnos as parroquias e invitáronnos a viaxar por Carral a través dunha maqueta e co escornabot. Ámbolos dous cursos presentaron os seus traballos o Día da Ciencia na Rúa na cidade da Coruña.