SAÍDAS E EXCURSIÓNS

O venres, 11 de maio, os grupos de 3º e 4º de primaria visitaron a granxa de corais de Magazos-Viveiro (REEF WATER).

É a primeira granxa de cultivo de corais en Galicia.

Foron recibidos pola precursora do proxecto Vanesa Rodríguez e o biólogo mariño Carlos Jiménez.

Logo dunha charla explicativa sobre os corais e o seu hábitat foron ver as instalacións onde están os acuarios cos corais e peixes que viven neles.

A visita foi todo un éxito e os nenos e nenas viñeron entusiasmados e aprenderon moitas cousas!

O martes, 29 de maio, o alumnado de 1º e 2º curso de Primaria, xunto coas súas titoras Angélica e Maricarmen, viaxaron ata Mondoñedo para coñecer de cerca a cidade e participar nos obradoiros de títeres, cantería e de barro.

Na alameda, xunto á Igrexa dos Remedios foron recibidos por Ton Arenas que os acompañou nun pequeno percorrido por diferentes rúas e barrios desta fermosa cidade. Tamén lles contou a historia do Mariscal Pardo de Cela e a Ponte do Pasatempo, que xa lles contaran as súas mestras no colexio.

Comezaron na Alameda dos Remedios e foron pasando polo Campo dos Paxariños, as rúas do casco antigo, viron as esculturas adicadas a Pascual Veiga e Álvaro Cunqueiro, a Igrexa de Santiago, a Fonte Vella, a Praza e a Catedral... e chegaron ao Barrio dos Muíños onde se atopan as típicas canles, tamén a Ponte do Pasatempo e a concentración de moitos Talleres de Artesanía.

Tiveron a oportunidade de coñecer o obradoiro MIRCROMINA de Ton Arenas e alí disfrutaron dunha pequena sesión de Títeres.

Despois de ter que aplazar esta pequena excursión por mor da choiva, o venres, 1 de xuño todo o alumnado de Infantil, xunto coas súas titoras e profesorado acompañante, dirixímonos en autobús á praia de Area.

As nenas e nenos, coas súas merendas e utensilios para xogar coa area, chegaron moi ilusionados para compartir unha mañá con todos os seus compañeiros.

O tempo chegou a pouco pois pasáronno estupendamente e volveron ao colexio satisfeitos e "cargadiños de area" esperando que chegue xa o verán para poder disfrutar novamente da praia.

A continuación foron ao obradoiro de Fernando Vilariño e alí aprenderon moitas cousas sobre os canteiros e os seus traballos. Tamén tiveron a oportunidade de facer unha pequena práctica co cincel e o mazo.

Á hora de xantar comeron no entorno do Taller Alfareiro.

RESUMO DA EXCURSIÓN REALIZADO POR DIANA GOÁS

Os días 28, 29 e 30 de maio, as clases de 5º e 6º de Primaria fumos de excursión a Asturias para realizar una programa de "Multiaventura a tope".

Na primeira parada vimos a Universidade Laboral de Gijón e comimos no parque do Molinón.

A primeira actividade que fixemos foi espeleoloxía e despois leváronnos a un campo onde xogamos a moitos xogos: paintball, txister...

O aloxamento fixémolo no Hotel LOS AVELLANOS. Á hora da cea divertímonos moitos falando. A comida estaba moi boa!. Despois de cear, xogamos nas habitacións e máis tarde tivemos que durmir.

Odía seguinte estabamos moi emocionados porque iamos facer o descenso do Sella. Foi moi divertido (sobre todo ver caer aos profes). Cando chegamos á praia bañámonos un pouco no río.

Fumos comer e ao remator xa nos preparamos para facer unha gynkana orientativa. Pasámolo moi ben a pesares da choiva.

O último día leváronnos a escalar a unha praia.

Estabamos un pouco tristes porque tiñamos que regresar a Celeiro.

PASÁMOLO MOI BEN!!!

Despois tiveron tempo de xogo libre e por último disfrutaron un montón traballando co barro.

Foi unha viaxe moi divertida onde tamén disfrutaron aprenderon moitas cousas.

VÍDEO RESUMO DA VIAXE

O mércores día 13 de xuño, as alumnas e alumnos de 5º e 6º de Primaria marcharon cara á Praia de Esteiro (Mañón) para disfrutar dunha intensa xornada de clases de Surf, a cargo da

Viveiro Surf Escola

Comezaron cunhas clases teóricas na area nas que lles explicaron as partes de táboa, a posición básica, e fixeron uns xogos de quecemento para pasar á auga, onde todo o alumnado subíu á táboa e “surfearon”.

Queremos dende aquí facerlle chegar á nosa gratitude aos monitores da Viveiro Surf Escola pola súa magnífica acollida e por todo o que nos ensinaron.