NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO

Na actualidade, a violencia contra as mulleres e as nenas é unha das violacións dos dereitos humanos máis estendidas, persistentes e devastadoras do mundo.

Esta conmemoración foi aprobada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 17 de decembro de 1999, a proposta da República Dominicana, e co apoio de 80 países.

Por que un 25 de novembro? Pois como homenaxe ás tres irmás Mirabal, activistas políticas, que foron asasinadas o 25 de novembro de 1960, na República Dominicana. Pero, desgraciadamente, a violencia contra as mulleres non pertence ao pasado, nin se enmarca só dentro do ámbito político. É un problema que afecta a familias e comunidades de todas as xeracións e de todos os ámbitos sociais. Desde a ONU convídase a gobernos, organizacións internacionais e organizacións non gobernamentais a establecer actividades dirixidas a sensibilizar ao público respecto do problema neste día, como unha celebración internacional

No colexio traballamos cara á igualdade entre nenos e nenas, mulleres e homes, onde descartamos todo tipo de violencia.

Durante esta semana levamos a cabo varias actividades:

INFANTIL

  • Na biblioteca, lecturas comentadas dos contos: Rosa caramelo, Orellas de bolboreta, A viaxe de mamá.

  • Elaboración de mans

PRIMARIA

  • Elaboración de frases contra a violencia

  • Elaboración de mans

  • O alumnado de 3º curso, xunto coa súa profesora de Educación Física Eva, prepararon en acrosport a frase NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO, para a realización do seguinte vídeo

Despois do recreo, na mañá do venres, 24 de novembro, no ximnaxio, todo o alumnado e profesorado do colexio levamos a cabo unha sesión de sensibilización dende a igualdade cara á violencia contra as mulleres

  • Vestidos con roupas de cor negro e coas mans violetas fixemos unha gran man.

  • Visualizamos o vídeo especial para ese día

  • Lemos as frases en contra da violencia

  • No seguinte vídeo podemos ver un pequeno resumo