24 DE OUTUBRO
Hoxe a nosa Biblioteca está de celebración e por iso, durante a mañá, fixemos varias sesións con moitas actividades:
Exposición dos MARCAPÁXINAS realizados nas aulas con motivos relacionados co P.D.I.: Viveiro, o noso Concello.
Presentación dos libriños da convocatoria da procura de refráns, ditos e cantigas do outono.
Entrega de agasallos aos participantes (según sorteo).
Presentación do xornal O PAPAGAIO (Abraham carreiro) e o libro O misterio de Portomarín (Antía Yáñez).
Apadriñamento lector do alumnado de 4º de primaria. Recitarán os poemas do libro Chafarís, de Xoán Neira.
Visionado do vídeo conmemorativo.
Canción: O rato de Biblioteca. Poema de Xoán Neira
Musicado por Pedro Rodríguez Pérez e Marta Pérez Lage
Cantado e dramatizado polo alumnado de 6º curso