CELEBRAMOS O MAGOSTO

XOGOS PARA CELEBRAR O NOSO MAGOSTO

Despois de ter que aplazar a celebración do noso magosto por mor do mal tempo, o martes, 14 de novembro, despois do recreo, poidemos disfrutar desta festa tan arraigada no noso colexio.

Comezamos facendo un circuito de estacións de xogos, coordinados pola mestra de Educación Física, Eva Martínez:

  • Relevo de castañas

  • Petanca

  • Castañagolf

  • Culleradas de castañas

  • Castaña cega

  • Mariola

  • Comecastañas

  • Pescacastañas

  • Castaña Dance

  • Laberinto

O alumnado agrupouse en 10 equipos de 16 nenos e nenas cada un, de todas as idades e cursos. Os maiores axudaron aos máis pequenos e pequenas e pasaron unha xornada moi divertida e de moita cooperación entre eles.

Despois tivemos o degustación das castañas, como todos os anos asadas polo noso conserxe Enrique e coa colaboración especial de exprofesor do centro, Antonio Ferreiro.

Moitas grazas polo seu traballo ben feito!

CANCIÓNS