CONTRATOS PROGRAMA

Resolución definitiva de los centros seleccionados con contratos-programa dirigidos a la mejora del éxito escolar en los centros docentes de educación infantil, primaria y secundaria dependientes de esta Consellería para el curso 2017/2018.

Que son?

O contrato-programa é unha iniciativa de innovación educativa desenvolvida desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para proporcionarlles aos centros docentes públicos unha estratexia de mellora da calidade do ensino.

Os destinatarios son EEI, CRA, CEIP, CEE, CPI, CIFP, EPAPU e IES públicos de Galicia.

Cada centro pode contribuír á mellora da calidade do ensino a través da solicitude dalgunha das 7 actuacións de que consta o contrato-programa:

1. Reforzo, orientación e apoio (PROA). Modalidade de acompañamento fóra do horario lectivo.

Con esta actuación preténdese mellorar as perspectivas escolares do alumnado con dificultades, a través do traballo ou apoio organizado para a adquisición das destrezas básicas que lle faciliten a incorporación plena ao ritmo de traballo ordinario e ás esixencias das diferentes áreas e materias.

2. Mellora das competencias clave.

Coa finalidade de priorizar as accións para a mellora da competencia matemática, o desenvolvemento desta actuación incluirá sempre o reforzo desta competencia, podendo incluír tamén actuacións para a mellora da competencia en comunicación lingüística e/ou competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.

3. Mellora da convivencia e promoción da igualdade nos centros.

Esta actuación incluirá todas aquelas accións que repercutan e interveñan na mellora do clima escolar e das relacións entre os membros da comunidade educativa. Farase fincapé en aspectos relevantes tales como a atención á diversidade, as actuacións preventivas de condutas violentas ou discriminatorias, as actuacións de acollida, a mellora das habilidades sociais, a conciliación ou mediación escolar, a xestión de conflitos, o rexistro de condutas contrarias á convivencia, a mellora da intelixencia emocional, o desenvolvemento de dinámicas de grupo e traballo colaborativo, o traballo en coeducación e o impulso de escolas de nais e pais, entre outros.

4. Prevención do abandono temperán e do absentismo escolar.

Incluirá todas aquelas accións que repercutan e interveñan na mellora do clima escolar e das relacións entre os membros da comunidade educativa, e na redución da taxa de abandono escolar e dos niveis de absentismo.

5. Mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia.

Esta actuación supón unha medida de atención á diversidade na que se desenvolverán iniciativas de afondamento nos coñecementos do alumnado.

6. Mellora da calidade na xestión dos centros.

Trátase dun conxunto de medidas ou actividades destinadas a mellorar a xestión dos centros educativos a partir da reflexión e a toma de decisións baseadas na avaliación dos procedementos que se desenvolven neles.

7. Reforzo de competencias clave en 3º e 4º de ESO e formación profesional básica. Modalidade de acompañamento fóra do horario lectivo. NOVA LIÑA DE ACTUACIÓN.

O desenvolvemento desta actuación suporá a creación de grupos de reforzo da competencia matemática, da competencia en comunicación lingüística e/ou das competencias básicas en ciencia e tecnoloxía. Priorizarase a competencia matemática.

O noso centro foi seleccionado para participar dentro do apartado: