ACTIVIDADES DE FIN DE CURSO

Pequeno Festival de Fin de Curso

Na mañá do mércores, 20 de xuño, despois do recreo, xuntámonos no Salón de Actos para celebrar o Fin de Curso cun pequeno Festival con Teatro, Bailes e Cancións.

Tamén despedimos ao alumnado de 6º curso facéndolles entrega dun diploma, orla e foto recordo por parte do seu titor Paco Gil.

MOITA SORTE NA VOSA NOVA ETAPA!!!

IV MILLA CORRENDO POLO GALEGO

Para rematar o curso escolar xa ven sendo tradición celebrar esta actividade deportiva que organiza a profesora de Educación Física, Eva Martínez, coa colaboración do profesorado do colexio.

Este ano o día amenceu chuvioso polo que non poidemos acudir ao estadio de fútbol do Cembedo, pero iso non impediu que a "MILLA" se levara a cabo no Pavillón do Colexio.

Esta xornada deportiva de integración e valoración social contou coa participación de atletas divididos en diferentes categorías.

  • Categoría Chupetín (non competitiva)

  • Categoría Prebenxamín

  • Categoría Benxamín

  • Categoría Alevín

  • Categoría Absoluta

Rematamos coa entrega de medallas e diplomas.