Galego
Israel debe cesar de inmediato a destrución de infraestruturas palestinas.
O Goberno de Israel debe restituir a través da UNESCO tódolos bens culturais expoliados pola forza a institucións de Palestina.
Tódalas medidas tomadas por Israel para alterar as características físicas, a composición demográfica, a estrutura institucional ou o estatus dos Territorios Palestinos son ilegais.
A política de asentamentos de novos inmigrantes en territorios palestinos é un serio obstáculo para unha paz xusta e estable en Oriente Medio.
O Consello de Seguridade demanda a retirada das forzas de ocupación de Israel das cidades palestinas.
A Asemblea Xeral da ONU resolveu que todas as accións tomadas por Israel para impoñer a súa administración na Cidade Santa de Xerusalén son ilegais e carecen de toda validez.
A Paz no Medio Oriente debe garantir o dereito de retorno e o dereito á independencia e soberanía nacionais de Palestina.
Todas as persoas deportadas por Israel deben poder retornar aos territorios ocupados, dun xeito seguro e inmediato.
O Pobo Palestino ten dereito a exercer a súa soberanía sobre os terrritorios ocupados.
A Corte Internacional de Xustiza declara que a construción do muro é contraria á lexislación internacional.
Máis de 500 obstáculos para o movemento permanecen na Ribeira Oeste, 90 dos cales son postos de control permanentes.
Israel ten a obriga de devolver as terras, hortas e olivares que foron expropiadas para a construción do muro.
O Consello de Seguridade da ONU declara a súa preocupación pola continua violencia dos colonos.
A ONU condena os actos de violencia cometidos polas forzas de seguridade de Israel, co resultado de feridas e perdas de vidas humanas.
O embargo israelita sobre Gaza está causando un sufrimento inxustificable para a poboación civil, máis da metade da cal son nenos.
orixinais (en inglés) AQUÍ