Como fago un bo PowerPoint?

Achego dúas presentacións sobre cómo facer presentacións:

Como fago un bo esquema?

Os esquemas son unha ferramenta de traballo que permite acceder de forma rápida a unha gran cantidade de información.

As vantaxes de elaborar esquemas son:

    • Facilita ordenar as ideas dun texto.

    • Permite visualizar a estrutura dun texto.

    • Axuda a formar imaxes mentais, que benefician o recordatorio da información.

    • Favorece a aprendizaxe porque estamos traballando sobre a información.

Os pasos para elaborar un esquema son:

    1. Ler e comprender: Realiza unha lectura global do texto e procura entendelo. Se atopas palabras que non coñeces, búscaas no dicionario.

    2. Determinar a estrutura xeral: Durante a lectura procura facerte unha idea xeral do tema e extraer algunhas das ideas xerais.

    3. Subliña o importante: Identifica as ideas principais (xeralmente unha por parágrafo) e as secundarias mediante o subliñado ou o marcado por cores.

    4. Reconece as palabras claves: As ideas claves son aquelas que resumen mellor o esencial do texto polo que debes identificalas mediante un círculo.

    5. Redacta o esquema

Para redactar o esquema debes saber que:

    • O título do esquema coincide co do texto.

    • A estrutura do esquema debe ter tantos elementos como ideas principais.

    • As ideas deben estar organizadas de forma xerárquica.

    • As ideas secundarias deben estar relacionadas coas ideas principais.