DICIONARIO CCSS4

UD1: A crise do Antigo Réxime

ABSOLUTISMO

Forma de goberno que se deu na maioría dos países europeos, especialmente en Francia, nos século XVII e XVIII, durante o Antigo Réxime. Consistía nunha monarquía de orixe divino na que o rei concentra todos os poderes (lexislativo, executivo e xudicial). A soberanía (dereito de decisión política) é real xa que o rei ten a máxima autoridade e por riba del só están as leis divinas e as leis fundamentais do reino. Luís XIV de Francia foi o prototipo de monarca absoluto.


  • QUE? Forma de goberno

  • COMO? monarquía na que o rei concentra todos os poderes (lexislativo, executivo e xudicial). A soberanía (dereito de decisión política) é real xa que o rei ten a máxima autoridade e por riba del só están as leis divinas e as leis fundamentais do reino.

  • POR QUE ou PARA QUE? por dereito divino

  • CANDO E ONDE? na maioría dos países europeos, especialmente en Francia, nos séculos XVII e XVIII, durante o Antigo Réxime.

  • QUEN? Luís XIV de Francia

AGRICULTURA DE SUBSISTENCIA

Sistema de produción agrícola que se elabora con técnicas e ferramentas tradicionais polo que esixe numerosa man de obra e coa que se obtén unha produción escasa e baixos rendementos. Os principais cultivos adoitaban ser de secaño (cereais) en rotación con barbeito. A produción, sen apenas excedentes, destinábase ao autoconsumo para garantir a autosuficiencia alimentaria dos campesiños e as súas familias. Este tipo de agricultura practícase nas rexións subdesenvolvidas do mundo polo que, no Antigo Réxime (séculos XVII e XVIII), dábase en practicamente toda Europa.


  • QUE? Sistema de produción agrícola

  • COMO? elaborada con técnicas e ferramentas tradicionais que esixe numerosa man de obra e coa que se obtén unha produción escasa, destinada ao autoconsumo e sen apenas excedentes. Os principais cultivos adoitaban ser de secaño (cereais) en rotación con barbeito.

  • POR QUE ou PARA QUE? para garantir a autosuficiencia alimentaria dos campesiños

  • CANDO E ONDE? nas rexións subdesenvolvidas do mundo. No Antigo Réxime, séculos XVII e XVIII se daba en practicamente toda Europa.

  • QUEN? -

ILUSTRACIÓN

Movemento intelectual e cultural orixinado en Francia no século XVIII e con influencia e repercusión en toda Europa. Os ilustrados, entre os que destacaron Voltaire, Montesquieu, Diderot e Rousseau, crían no uso da razón como medio para entender o mundo e defendían os principios de igualdade, liberdade polo que criticaban a sociedade estamental e o absolutismo. O cuestionamento dos principios políticos, sociais e económicos sobre os que se asentaba o Antigo Réxime foi a base teórica das revolucións liberais que se desenvolven no século XIX.


  • QUE? Movemento intelectual e cultural

  • CANDO E ONDE? orixinado en Francia no século XVIII e con influencia e repercusión en toda Europa.

  • QUEN? os seus principais representantes foron Voltaire, Montesquieu, Diderot e Rousseau.

  • POR QUE ou PARA QUE? as propostas ilustradas cuestionaban os principios políticos, sociais e económicos do Antigo Réxime polo que foron as bases teóricas das revolucións liberais que se desenvolven no século XIX.

  • COMO? crían no uso da razón como medio para entender o mundo e defendían os principios de igualdade, liberdade polo que criticaban a sociedade estamental e o absolutismo.

UD2:



UD3:



UD4:



UD5:



UD6:



UD7:



UD8:



UD9:



UD10: II Guerra Mundial

LISTA DE VOCABULARIO

  • Política expansionista

  • espazo vital

  • Anschluss

  • Conferencia de Munich

  • Política de Acougamento

  • Eixo Roma-Berlín

  • Pacto de Aceiro

  • Pacto Antikomintern

  • Pacto Xermano-Soviético

  • Blitzrieg (Guerra Lóstrego)

  • Operación Barbaroxa

  • Pearl Harbour

  • Desembarco de Normandía

  • kamikazes

  • Guerra total

  • resistencia

  • Conferencias de Ialta e Potsdam

  • ONU



UD11: Guerra Fría



UD12: Descolonización

LISTA DE VOCABULARIO

  • descolonización

  • Guerra de Vietnam

  • ONU

  • Commonwealth

  • Conferencia de Bandung

  • Movemento de países non aliñados

  • Terceiro Mundo

  • apartheid

  • neocolonialismo

MOVEMENTO DE PAÍSES NON ALIÑADOS

Denominación que recibe a agrupación de países formada polas antigas colonias de Asia e África entre as que destacan India, Exipto e Indonesia. Esta agrupación, orixinada na Conferencia de Bandung (1955) tras a primeira fase da descolonización (1945-1975), busca a conservación dunha posición neutral ante a influencia de EEUU e a URSS no contexto da Guerra Fría (1947-1991) mediante a defensa da soberanía nacional, o autogoberno, a colaboración económica e o respecto aos dereitos humanos.


  • QUE? Denominación (agrupación de países)

  • CANDO E ONDE? orixinada na Conferencia de Bandung (1955) tras a primeira fase da descolonización (1945-1975).

  • QUEN? países descolonizados de Asia e África destacando o papel da India, Exipto e Indonesia.

  • POR QUE ou PARA QUE? para conservar unha posición neutral ante a influencia de EEUU e a URSS no contexto da Guerra Fría (1947-1991)

  • COMO? defensa da soberanía nacional, autogoberno, colaboración económica e respecto aos dereitos humanos.