Primeiros pasos con IMPRESS

Post date: Apr 26, 2016 5:26:08 PM

Enviar a: noodles.dandosociales@gmail.com

Asunto: informática

Nome de arquivo: Impress_presentación1

Realiza o seguinte exercicio:

1. Abre un novo documento de Impress (Carpeta Ofimática > Impress). Debería aparecer o asistente de presentacións que ten un aspecto similar a este:

(se a túa pantalla é distinta vai directamente ao número 5)

2. Na pantalla Tipo selecciona Presentación vacía para crear unha presentación sen contido e clica en Seguinte.

3. Na pantalla seguinte seleccióna Fondo de presentación > Orixinal e Medio de presentación > Pantalla. Clica en Seguinte.

4. Na terceira pantalla deixa todas as opcións como están e clica en Crear para empezar a túa presentación:

5. Agora deberías ter una pantalla similar a esta:

Crear a primeira diapositiva

Imos crear unha presentación sobre a acrópolis de Atenas e os seus edificios máis importantes. Para iso, terás que ir descargando os arquivos que hay ao final do documento.

A primeira diapositiva é, normalmente, unha portada polo que poremos unha fotografía de fondo e un título.

1. Descarga o arquivo 1PORTADA.JPG e gardao no escritorio.

2. Vai ao Menu Insertar > Imaxe > dende arquivo e aparecerá o cuadro de diálogo Insertar Imaxe. Busca o arquivo 1PORTADA.JPG e abreo.

3. Cambia o tamaño da imaxe se é necesario para que ocupe todo o fondo da diapositiva.

4. A continuación pulsa o icono Texto da barra de ferramentas de debuxo para crear unha caixa de texto. Escribe en maiusculas o texto "A ACRÓPOLE DE ATENAS" (Arial Black e Arial, 72) e preme fora da caixa para deseleccionala.

Se a barra de ferramentas non estivera visible, podes activala en Vista > Barras de ferramentas > Debuxo.

O resultado debería ser similar a esto:

Nova diapositiva

Inserta 6 diapositivas máis con fotos e texto:

1. Para insertar unha diapositiva nova tes dúas opcións:

    • Ir ao Menú Insertar > Diapositiva

    • Clicar o botón dereito do ratón na diapositiva actual e seleccionar Diapositiva > Nova diapositiva.

2. Repite os procesos de insertar imaxes e texto para cada unha das diapositivas novas.

O resultado final debería ser similar a esto: