A liña divisoria é unha liña vertical que atravesa o pentagrama para dividir os compases, aínda que tamén hai liñas divisorias dobres (utilízanse cando hai cambios importantes na partitura) e a dobre liña para os finais.
Á hora de escribir música no pentagrama tendo en conta a duración das figuras e ordenándoas en base a un compás necesitamos facilitar a lectura e comprensión do discurso musical.
Para iso axúdannos as Liñas Divisorias porque separan os compases indicando ao mesmo tempo onde comeza cada compás.
Isto é importante na interpretación musical porque o primeiro tempo do compás sempre se acentúa para conseguir o ritmo binario, ternario ou cuaternario correspondente.