Os signos de prolongación son necesarios para conseguir diferentes combinacións e duracións das figuras e silencios.
A Ligadura é unha liña curva que une notas de igual nome e son. A nota resultante ten o valor das suma das dúas figuras.
Tamén temos a ligadura e expresión.
O Puntillo é un punto que se coloca á dereita dunha figura ou silencio aumentando a metade da súa duración.
O Calderón é un semicírculo cun punto no medio e indica ao intérprete que pode alongar a duración desa nota ou silencio detendo momentaneamente o compás.