Que é a música?
A continuación atoparemos algunhas definicións do termo música:
Música é a arte de combinar os sons de forma agradable ao oído.
A música é “a arte das musas” é, segundo a definición tradicional do termo, a arte de organizar sensible e loxicamente unha combinación coherente de sons e silencios utilizando os principios fundamentais da melodía, a harmonía e o ritmo, mediante a intervención de complexos procesos psico-anímicos.
(Fragmento tomado de http://es.wikipedia.org/wiki/Musica)
Música é a arte de combinar os sons conforme ás leis da melodía, harmonía e ritmo.
Neste libro dixital imos estudar os elementos que interveñen nunha partitura musical.
As partituras que interpretamos na clase son sinxelas pero necesitamos coñecer as bases da linguaxe musical para poder lelas, executalas cun instrumento e interpretalas con musicalidade.
PÁXINA REALIZADA POLA MESTRA: MARTA PÉREZ LAGE