O compás é a unidade de medida que ordena o ritmo e permite interpretar a duración de figuras e silencios.
No pentagrama a indicación de compás colócase ao principio, xunto á Clave.
Hai tres tipos de compases segundo o acento dos seus tempos:
Binario (un acento cada 2 tempos),
Ternario (un acento cada 3 tempos e
Cuaternario (un acento cada 4 tempos).
Tamén hai dous tipos de compases segundo o acento de cada tempo:
Simples ( subdivididos en múltiplos de 2) e
Compostos ( subdivididos en múltiplos de 3).
Os compases cos que imos traballar as partituras son: Simples- 2/4, 3/4, 4/4 e Compostos: 6/8, 9/8, 12/8.