As Figuras son os signos musicais que representan a duración das notas.
Grazas a elas sabemos o valor de tempo que ten cada son.
A combinación de figuras e silencios (xunto cos acentos e o compás) dan lugar ao ritmo musical.
Cada figura ten o seu correspondente silencio co mesmo valor.
As Figuras Musicais son: Redonda, Branca, Negra, Corchea, Semicorchea, Fusa e Semifusa.
Cada figura vale a metade da anterior.
Se a redonda vale 4 tempos a branca valerá 2 tempos, a Negra 1 tempo, a Corchea medio tempo (dúas Corcheas 1 tempo).
PARTES DUNHA FIGURA: