Vemos historia da filosofía por un tube

Historia da filosofía, para seetubers:

Estudando HISTORIA DA FILOSOFÍA.

Nietzsche,

Friedrich:

un pouco de humor:

MARX, Carlos:

Biografía:

SEGUIMOS COA HISTORIA DA FILOSOFÍA:

O terceiro trimestre comeza con Marx:

O noso alumnado xa sabe cousas de Kant:

O coñecemento en Kant

A estética trascendental, para estudiantes en apuros:

A Ilustración, segundo Inmanuel Kant:

Para afondar máis na súa teoría:

HUME (e o principio de causalidade):

Locke (e o contrato social):

David Hume

Locke e o contrato social, polo profesor McNabb

Descartes

Para repasar:

Filosofía e teoloxía, Tomé de Aquino:

San Agostiño: the movie (1)

...e a segunda parte:

A filosofía medieval, introducida por un profesor da UNED:

Contexto:

A filosofía medieval:

Xa estamos estudando: Aristóteles

A política de Aristóteles:

(O resto de filósofos están dispoñibles en "A historia da filosofía por un tube").

O tránsito cara ao Helenismo:

Máis helenismo:

A ética de Aristóteles moi ben explicada:

E a teoría non pode estar máis clara:

http://www.filosofia.net/materiales/sofiafilia/hf/soff_26.html

Os tipos de alma en Aristóteles:

O cambio e as súas causas:

Epistemoloxía aristotélica:

Sabater explica clariño:

A política de Aristóteles

E agora, como facer un mapa conceptual

A sociabilidade humana dende unha perspectiva actual:

A antropoloxía de Aristóteles:

Para repasar o estudado en Platón, realiza estes exercicios:

http://galego.webdianoia.com/platon/platon_ejer.htm

A política segundo Platón:

Teoría do coñecemento platónica:

Símil da liña:

Sócrates en verso:

Invitamos a un profe para que nos fale do ARXÉ:

e unha introdución, xa clásica, de Carl Sagan:

Se tes moita paciencia, unha clase dende Argentina:

Antes isto era unha zona de lectura, zona tranquila, coas nosas recomendacións literarias e con algunha alternativa de ocio...

Eses libros que comentamos na clase:

Club de lectura 13-14

1º libro:

Javier Cercas

Las leyes de la frontera (epub)

3º libro para o Club 12-13

Jostein Gaarder, El mundo de Sofía, epub, 1998

- A ética de Kant segue sendo válida hoxe en día. Actualidade absoluta para esta proposta. (S).

- Un libro que repasa dunha forma básica o mundo da filosofía, o cal pode ser entendido ata por unha adolescente de 15 anos. Vemos que a filosofía, por exemplo a de Kant, pode ter repercusións aínda presentes nos nosos días; aínda que non as coñezamos. (Laura Fdez)

-A filosofía Kantiana, como calquera outra filosofía é posible adaptala á actualidade, especialmente a súa ética. (Colmenero)

- Esta claro que para entender o noso presente a filosofia é un bo punto a ter en conta, tanto a filosofia de Kant como a de outro filosofo. (Nerea)

-Quizáis as bases da filosofía de Kant sexan das máis esenciais á hora de aplicalas para entender e actuar no noso mundo. (Rita)

-Claro que é aplicable a ética de Kant na actualidade,como tamén pode ser aplicable un carro tirado por vacas,outra cousa é que esas ideas remotas de fai uns séculos se adapten.(Mateo XXX)

2º libro para o Club 12-13

Xesús Fraga, Tute para catro, Xerais, 2000.

Maxia, humor, música, e sobre todo as cartas da baralla, foron os protagonistas da presentación do primeiro libro que publica o xornalista Xesús Fraga Tute para catro, editado por Xerais.

A primeira obra do xove betanceiro, aínda que nado en Londres, Xesús Fraga, son sete relatos curtos sobre a vida de xente perdedora. O autor define o volume como unha mistura de humor e melancolía. «Sen humor a literatura é inconcebible».

-Fíxoseme moi fácil de ler polo tema de ser relatos curtos. O toque de humor que ten tamén axuda a unha lectura entretida. (Diego)

-Un libro que apenas abrín por falta de tempo,pero tiña boa pinta(Tomato´s)

-Non me gustou demasiado, prefiero outro tipo de libros, aínda que certo é que algún que outro capítulo era interesante.(Calviño)

-Un libro moi interesante, o feito de que sexan historias aparentemente independentes facilita a lectura e que pouco a pouco descubras que é a mesma historia dende distintos puntos de vista faino mais entretido(Valeu).

- Un libro que reflexa situacións ou acontecementos que poderían pasar en calquera recuncho da nosa Galicia. Un libro breve, con esa pizca de humor do galego; un bo libro, que sen querelo traza un sorriso na túa cara. (Laura Fdez)

- Un libro sinxelo de ler, que entreten e que ao lelo pouco a poco vas descubrindo que todos os relatos forman unha historia común situada nun mesmo punto. En resumo quen non viviu algunha das situacións que se reflexan nel ou non llas relataron seus avós?(Raquel Ferradás)

- Gústoume pola brevidade das historias, que o fixo máis ameno e pola descrición dos tan típicos ambientes galegos do rural. Recomendoo. (Rita)

-Libro sinxelo, curto, capaz de trasnmitir moito en poucas palabras,recrea o ambiente galego a través de historias aparentemente alleas pero que gardan un lazo de unión entre elas, servíndose do humor característico dos galegos, o autor consigue unha obra apetecible para calquera lector. (Laura Gómez)

Paréceme un libro interesante, dentro de cada historia esconde unha metáfora e nunca perdendo o sentido do humor, algo que é moi importante para que os libros non se fagan aburridos. (Xan)

-Un libro composto por breves relatos que conforman unha historia común, o que o fai moi entretido e interesante. Sen dúbida moi recomendable. (Raquel B.)

-Lectura amena e fácil que nos mostra situacións cotidianas do rural galego de maneira entretida e ben narrada. (Colmenero)

- Que sexa un libro con relatos curtos que calquera é capaz de leer creo que o fai un libro moi interesante ademáis das boas historias que conta sobre a vida. (Nerea)

1º libro para o Club de lectura 2012-13

FILOSOFÍA A MANO ARMADA de Tibor Fischer

Frases que nos fixeron pensar:

-"Lo malo de mentir, incluso si se hace mal o con descuido, es que requiere esfuerzo. La verdad, en cambio, tiene eso de recomendable, que no requiere pensar demasiado." Páx. 25 (Raquel B.)

-"-¿Nunca te casaste?

- Un error que nunca cometí. La vida es demasiado corta para cometerlos todos. A menos que te acuestes tarde o te levantes muy temprano.

-La vida es corta, pero tu pito es largo." Páx 189 (Laura, a rubia)

-" La desventaja de meterte en la cama con dos personas es que,por supuesto,duplica las posibilidades de que uno se apriete contra alguien que no le gusta o que simplemente no encuentra atractivo.Estas ocurrencias no son un testimonio de mi éxito amoroso;no son en realidad victorias eróticas,más bien lo contrario..."Páx.237(Mateo Xil)

-" Verdad: no siempre es lo que nos gustaría que fuera. La esperanza falsa, no debe olvidarse nunca, aún es esperaza. La esperanza es el resorte que nos levanta." Páx. 329 (Rita)

-" Como todos sabemos, la solución para un problema verdaderamente difícil es...dejarlo." Páx 369 (Laura morena)

-"Quién dijo aquello de que tus amigos más íntimos son aquellos que más tardas en descubrir que no te gustan?Bueno, obviamente lo dije yo, en alguna parte,en algún momento" Pax .224(Raquel)

- "Sin duda uno no se hace rico robando bancos." Pax.179 (Rebeca)

-"El único consejo que puedo ofrecerle cuando la policía está tirando abajo la puerta a martillazos (y usted no está en un apartamento desconocido, está sobrio y vestido, y recuerda lúcidamente sus recientes actividades criminales) es asegurarse de que ellos no tengan una buena razón, o mejor dicho ninguna razón en absoluto, para entrar en tromba." Páx. 145, (Diego).

-"La gente no valora las cosas hasta que paga por ellas." (Xan) Pax. 118

- ''Por supuesto, lo que debí de haber hecho, profundizarle la pregunta de la preguntas, la GRAN PREGUNTA: ¿en qué cosiste todo esto? Tal vez lo habría cogido desprevenido, tal vez habría dicho algo interesante. No es que no tengamos oportunidades, es que no las aprovechamos.'' Páx. 246 (Nerea)

" -Nunca es demasiado tarde para llegar tarde" (Calviño) PD: dedicado a Colmenero. Páx. 26

"El robo de bancos, si se lleva adelante filosóficamente, no hace daño a nadie. Emocionamos. Entretenemos. Estimulamos la economía. Aceleramos los corazones. Provocamos pensamiento. Y además, incuestionablemente, es una mera ilusión. Uno se lleva el dinero, pero ¿dónde va a parar? A un banco. Como el agua, el dinero está atrapado en un ciclo, se mueve de banco en banco. Sólo lo sacamos fuera para que le dé un poco el aire fresco.” (Suso).

La balada de los miserables, de Aníbal Malvar

Que ben escribe este home! Presentamos unha escolma:

- "Él con su cara de póquer recién perdido y ella tonta, descalza y feliz, agarrada a su brazo y sujetando descuidadamente con la mano libre los zapatos de tacón." (Pedro)

-"Las ratas somos el ser menos inteligente de la creación,incluidas las amapolas y esos diamantes tan estúpidamente exactos por los que se pagan estúpidas fortunas."(Bea)

-" Me siento como la heroína de una de esas películas lloriqueantes que ponen en la tlevisión después de comer." (Sabela)

-"Los ricos malician que el dinero no da la felicidad: ignoran que no se la damos porque casi nunca la merecen." (Nerea)

-"Pero con los años se pudrieron mis quimeras bandoleras y me metí a la guardia civil" (Isabel)

-"Debe de ser el único barrio de Madrid que aún no han penetrado los chinos con su sonrisa de limón insondable y sus bazares de gangas" (Laura)

-"Cerrarme los ojos antes de que el sol de mediodía seque mis últimas lágrimas"(Tania)

-"No querréis que algo tan bello como la aurora se comporte como un vulgar despertador."(Alismar)

-" ¿A quién estás llamando, joder? - A mi mujer. Desde que le contraté una tarifa plana de móvil y fijo, siempre comunica por los dos." (Elena)

A ira, ese impulso

Ira e tempo, de Peter Sloterdijk- "Aseméllaseme a Kant, porque non hai quen o entenda. Sen dúbida non é doado de entender, deixando a parte que é un gran traballo filosófico." (Pedro)

-" A ira, xunto co orgullo, a necesidade de autoafirmación e o resentimento representan unha forza fundamental no ecosistema dos afectos." ( Sabela)

-"Aínda que pareza mentira hoxe en día segue habendo filósofos e se os anteriores eran difíciles de entender,os de agora son máis difíciles aínda. Se tedes pouca paciencia non é aconsellable, pero que ninguén dubide que probablemente sexa un gran filósofo." (Nerea)

-La ira está inscrita en el corazón mismo de la civilización europea, afirma Sloterdijk.(Isabel)

-El psicoanálisis es una errónea comprensión del hombre que atiende sólo al polo erótico de ls psique y descuida el polo de las energías thimóticas. (Laura)

-"Difinitivamente, un home complexo"(Tania)

-"Costa crer que nos tempos nos que vivimos aínda haxa filósofos, e este home e un gran exemplo, pois é tan difícil entendelo coma aos seus precursores." (Alismar)

-" La muerte de dios condena a los hombres a la impaciencia, la venganza ya no puede aplazarse tanto. (Elena)

-"O programa pedagóxico psicoanalítico tería buscado a superación do narcisismo nun amor ao obxeto, pero non o cultivo do adulto 'orgulloso, guerreiro e portador de ambición' " (Rocío)

Os consellos dos filósofos

http://issuu.com/ed_proteus/docs/los_consejos_de_los_filosofos

Nesta ocasión propoñemos ler a versión de internet, dado que o autor o permite.

A xustiza, unha lectura:

Na clase iremos lendo unha escolma desta obra, e comentando o máis interesante:

- "A xustiza é darlle a cada un o que se merece". (Pablo)

- "O símbolo máis coñecido da xustiza é a balanza". (Miriam)

- "Se a xustiza é darlle a cada un o que se merece, como podemos saber que é o que se merece cada un". (Bea)

- "A xustiza non pode ser motivo de mofa" (Elena)

- "É curioso que para impartir a <xustiza moderna> se manteñan as vestimentas do pasado". (Pedro)

- " Ás veces o silencio é a forma máis eficaz de impoñer autoridade".(Marta)

-"Ás veces a xustiza é inxusta e castiga a quen non o merece".(Alismar)

-"Xustiza? É demasiado difícil establecer o que é xusto e o que non, porque o que para uns é xusto para outros é inxusto".(Nerea)

-"Como sabemos cando a xustiza actúa de forma xusta"(Jose)

-"O símbolo da Xustiza é a balanza e esta representa a igualdade con que a xustiza trata a todos."Peo realmente a xustiza trata a todos por igual?(Rocío)

-"A xustiza non trata a todos por igual os que teñen máis poder non son "xulgados" e os que non o teñen son os primeiros en selo"(Tania)

Asasinato no Consello Nacional, de Diego Ameixeiras

Aquí podedes ler o 1º capítulo:

http://webcache.googleusercontent.com/search?q=cache:http://www.anosaterra.org/media/media0000024730.pdf

-"Perfecta novela para coñecer por dentro o BNG" (Suso)

-" A raíz do asasinato de un dos integrantes do BNG, Diego Ameixeiras cóntanos como é o partido."(Alismar)

-" O asasinato de Mario Dacosta, parlamentario do BNG, pode levarnos a pensar nos militantes do PP ou PSOE cerrados. É como non respetar a opinión do teu próximo, atentar contra persoas e non contra as súas ideoloxías ." (Elena)

-" Tras sucesos como o asasinato de Mario Dacosta parlamentario do BNG e da dimision de Oscar Quiroga ,voceiro do partido, fan que se reafirmen nas súas convicións democráticas"(Jose)

- "Aínda estás a tempo de coñerer ese BNG que se esfiaña" (Pedro)

FUTURO IMPERFECTO, de Xulia Alonso:

- "Cando tes dezaoito anos sénteste omnipotente, capaz de mudalo todo." (Suso).

- "Todo aquilo que é novo provoca unha sensación de curiosidade en nós,independentemente de que o posterior efecto sexa negativo ou positivo." (Bea)

-"No final dunha epoca de dictadura todos sentían máis liberdade para facer o que querian, pensando que podían cambiar o mundo." (Marta)

-"Un mundo de ilusións adquiridas á par da liberdade mediante a matrícula na universidade, que se esvaecen de entre as mans con pequenas decisións, erróneas ou non, tomadas dende a potestade da fictícia emancipación." (Pedro)

-"Despois de anos baixo o mandato dos pais, a liberdade adquirida provoca en nós o pensamento de que t

odo é posible e en moitas ocasións lévanos a cometer erros."(Alismar)-"Chegamos á universidade desexando saír das sombras e incorporarnos aos novos aires de liberdade" (Isabel)

-"Cando vas estudar fóra non tes a ninguén que te controle, o que fai que busques aquelo que tiñas prohibido" (Laura)

-"Ao cumplir 18 anos, todo aquilo que estaba prohibido, pasa a ser o primeiro en realizar"(Tania)

- "No mundo tes tódolos camiños que ti queiras que haxa, pero só TI decides cal seguir, e só ti recibirás as consecuencias, tanto boas como malas, da túa elección." (Elena)

- "No momento en que cumples os 18, e comezas a ser indepensente , é cando te dás de conta da responsabilidade que debes ter sobre tí mesmo, elixindo o camiño que tí desexas seguir."( Miriam)

- " Na xuventude todo aquilo que esta prohibido resulta máis atractivo. Cada un ten que cometer os seus propios erros e aprender deles" (Sabela)

- Canto máis nos din que non debemos facer algo, máis ganas teremos de facelo.(Nerea)

-" Cando por fin temos os dezaoito anos e esa liberdade que adquirimos despois de tantos anos controlados polos nosos pais, sentimos que temos que facer todo aquilo que se nos prohibiu ata o momento" (Jose)

-Canto máis nos din que non fagamos algo máis ganas teremos de facelo,peo a miúdo que pasa o tempo imos comprendendo que eses actos poden traer consecuencias.(Rocío)

JOSÉ ANTONIO MARINA (IMPRESCINDIBLE):

- "Quen se mantén sempre no campo do desexo, sen pasar á acción, sofre unha especie de preguiza ". (Pedro)- "Motivación significa ter gañas de facer algo". (Nerea)

- "A educación do desexo convertiuse na educación da motivación". (Isabel)

- "O desexo de coñecer e de explorar, é unha constante nos seres humanos." (Marta)

-"Se non estamos motivados, o desexo non nos é suficiente para facer algo."(Alismar)

-" Non chega con desexar, xa que desexar é algo que fan todos, pero á motivación solo pasan uns poucos" (Laura)

-"A forza do desexo, a valoración do premio e a acción dos facilitadores da lugar a motivación"(Tania)

- "A motivación por algo sempre vai ser maior cando o resultado se dea nun curto prazo e sexa realmente gratificante para quen o recibe." (Elena)

-" As necesidades,os desexos e os impulsos son sólo parte de un fenómeno máis amplio, do que se fala moito pero con suma vaguedad, a motivación. " (Miriam)

-" Un neno de dez anos dixo: "A mín non me gusta estudiar, o que me gusta é saber",o cal é unha afirmación moi sabia"(Jose)

-"Estar motivado significa ter ganas de facer algo, estar disposto a movilizar a enerxía necesaria para conseguilo".

Texto de J. A. Marina para comentar:

http://ciug.cesga.es/docs/probas/2009/paau2009%20L%20castela.pdf

CURSO 2010-2011

Recomendación de Sindy:

El Club de los Corazones Solitarios de Elizabeth Eulberg

Un club que comeza cun só integrante e acaba sendo o máis popular do instituto e o único fin que teñen é alexarxe dos rapaces durante os dous anos que lles queda no instituto, pero non todas o conseguen. É un libro que engancha xa que queres saber que pasará ao día seguinte na vida de Penny Lane.

Recomendacións de Erea:

Longa noite de pedra de Celso Emilio Ferreiro

Chamoume á atención este libro, e dende o primeiro poema encantoume. Transmíteche todo o sufrimento do autor e os poemas son moi representativos da época que lle tocou vivir (Erea)

Recomendación de Sindy:

La caída de los gigantes de Ken Follett

Unha novela na que mezcla realidade e ficción.É a historia de cinco familias durante a Primeira Guerra Mundial e a Revolución Rusa, e como estas familias loitas para conseguir os seus dereitos. Como todas as obras de Ken Follett, é un libro con moitas páxinas pero que encandilan dende o principio, e sobre todo con un montón de personaxes: condes, soldados, obreiros...

Recomendacións de Erea:

Trioloxía de Millenium de Stieg Larson

Como di un dos protagonistas da obra; esta non é unha obra de policías, senón un libro no que se relata o maltrato que se fai diariamente contras as mulleres e de todos os homes que o fan posible. (Erea)

Recomendación de Suso:

Todo é silencio de Manuel Rivas

Segue habendo demasiado silencio na nosa terra, silencio cómplice cos traficantes de morte, cos novos ricos de fortunas repentinas, coas autoridades que miran para outra parte. Lectura sumamente recomendada tanto pola temática como pola calidade literaria.

Recomendación de Lucía:

La casa de Bernarda Alba de Federico García Lorca

Estremézome ó poñerme na pel dos personaxe e ó pensar que faría se tivese que pasar oito anos de riguroso luto encerrada nunha casa cunha nai semellante. Destaco esta obra por reflectir tan ben unha sociedade tan estricta, e ó mesmo tempo absurda, así como polo seu sobrecolledor final.

Recomendación de Lucía Presas:

Los pilares de la Tierra de Ken Follett

Aínda que o libro e extenso e ten moitos personaxes a min, enganchoume de principio a fin. Comeza relátandonos a vida dunha familia pobre con dous fillo na Inglaterra da Idade Media, e a partir de ahí vanse incorporando os demais personaxes. Nesta novela utilízase moitísimo a descripción e o escritor faina tan precisa que ti mesmo es capaz de imaxinar e experimentar con todo detalle tanto as cousa que describe como os sentimentos que se reflexan no papel.

Recomendación de Tania:

El lector de Bernhard Schlink

Igual que recomendo a película tamén o libro, será sorprendente o tema que se tratará, so lendo o comezo.

Estou con Tania, este libro é fantástico! O amor non entende de idades, e isto queda reflexado nesta novela de final dramático e con pinceladas de historia. (Lucía)

Recomendación de Erea:

Made in Galiza de Séchu Sende

Un repaso polo uso do galego con certos toques de humor.

Xuntos e máis nada de Anna Gavalda

Un repaso pola amizade, o amor ...... en resumo, tedes que lelo ou ver a película.

Un libro que mostra o carácter social do ser humano, os peculiares personaxes do mesmo precisaron coñecerse para que a súa vida cobrase sentido, xa que, non existe a felicidade se esta non se comparte. (Lucía)

Fai xa un tempo que o lin, pero ainda que vos asuste o tamaño, poderedes ler unha grande historia de amor e amizade en diferentes momentos. (Tania)

Recomendación de Mariluz:

Como agua para chocolate, de Laura Esquivel

Unha bonita novela de amor que te entretén e te fai soñar de principio a fin.

Só con ler o título xa te podes imaxinar como será esta novela (Erea)

Estou totalmente de acordo con Erea, unha historia que a través da gastronomía móstranos os seus sentimentos.(Tania)

Preciosa novela de amor que mostra unha triste realidade e faiche sentir a frustración da protagonista como propia. Cada capítulo comeza cunha receita de cociña e sorprende especialmente a precisión coa que se describe, xa que faiche sentir como se estiveses olendo e degustando o que no libro se relata. (Lucía)

Recomendación de Lucía:

O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz

"Hala bicar. E o bico que lle deas será polo que medirás todos os outros bicos da túa vida"

Un marabilloso libro de relatos que mostra o amor en moitas das súas versións e o poder que este sentimento pode chegar a exercer sobre alguén.

É un dos mellores libros que lin, que relatos tan fascinantes sobre o amor, un verdadeiro clásico galego. (Tania)

Premio nobel de literatura 2010: Mario Vargas LLosa

O premio nobel de literatura deste ano, daráselle ó escritor hispanoamericano Mario Vargas LLosa.

Mario Vargas LLosa naceu en Perú no 1936 e pasou a súa infancia en Bolivia. Na súa adolescencia transladouse á cidade de Lima, onde comezou a estudar literatura e dereito. Traballou de periodista antes de viaxar a España para rematar os seus estudos literarios. Foi un referente literario nos sesenta co boom da literatura lationoamericana. Abordou varios xéneros como a comedia, novela negra, literatura erótica, novela histórica e crítica literaria. Comprometido co seu país, foi candidato electoral polo centro dereita con un programa orientado a loitar contra a violencia terrorista e a mala situación económica de Perú. Perdeu contra o candidato Alberto Fujimori. Tras a súa derrota, transladouse a España, optivo a nacionalidade española e nombrárono membro da Real Academia Española. Recibiu diversos galardones internacionais, entre os que destacan o Premio Internacional de Literatura Rómulo Gallegos 1967, o Premio Cervantes 1994 e o Premio Ortega y Gasset do Periodismo 1999. Ademáis, foi investido doctor honoris causa por as universidades de Oxford e Harvard, entre outras. Actualmente é profesor visitante na Universidade estadounidense de Princeton, donde imparte clases de literatura.

Algunhas das súas obras:

La tía Julia y el escribidor

Novela semi-autobiográfica que trata a historia dun adolescente que soña con ser escritor e que se enamora da súa tía dez anos maior ca el, polo que se enfrenta ca súa propia familia ata casarse con ela.

La fiesta del chivo

Retrata o asasinato do dictador dominicano Rafael Leónidas Trujillo e as súas secuelas. Neste libro faise unha amplia reflexión sobre o auxe da dictadura na década de 1950 e asúa importancia para a illa e os seus habitantes.

Recomendación de Lucía:

La joven de la perla, de Tracy Chevalier

Novela baseada no cadro do pintor holandés Vermeer. O máis salientable desta mágnifica historia son as marabillosas descricións que a protagonista fai dos cadros de Vermeer que ve durante a estancia como criada na súa casa, ditas descricións fan voar a imaxinación polo apaixoante mundo do arte.

Recomendacións de Erea:

La mujer de verde, de Arnaldur Indridason

Unha historia que nos mostra a parte dolorosa da violencia de xénero nunha época na que non había axuda, soamente a fortaleza das que o sufrían para loitar contra ela.

La flaqueza del bolchevique, de Lorenzo Silva

Un libro, co cal aparte de viaxar na historia cos pensamentos do protagonista, poderemos vivir unha historia de amor.

Quero entrometerme na recomendación de Erea, xa que considero que este é un libro que sen dúbida paga a pena ler. Un bo comezo que incita á lectura e un final tráxico son os puntos fortes do mesmo, sen desprezar a coidada trama que desenrola. Recoméndovos tamén a película de Manuel Martín Cuenca, do mesmo título e a cal segue con fidelidade o libro. (Lucía)

Recomendacións de Kris G.

Posdata: te quiero, de Cecilia Ahern

É unha historia de amor que vai máis alá da morte.

Recomendacións de Lucía Presas:

The Host (la huésped) , de Stephenie Meyer

Un libro que nos permite vivir a experiencia de poñernos no lugar doutra persoa.

Orgullo y prejuicio , de Jane Austen

Xa sei que teño que falar deste libro, pero simplemente non teño palabras para describilo; encántame.

As recomendacións de Andrea son:

La soledad de los números primos, de Paolo Giordano.

(…) Son números solitarios, sospechosos, y por eso encantaban a Mattia, que unas veces pensaba que en esa serie figuraban por error, como perlas ensartadas en un collar, y otras veces que también ellos querrían ser como los demás, números normales y corrientes, y que por alguna razón no podían (…)

La carretera, de Cormac McCarthy

El vizconde demediado, de Italo Calvino

El Principito, de Antoine de Saint-Exupéry

- Buenos días - dijo el principito.

- Buenos días - dijo el vendedor.

Era un vendedor de píldoras perfeccionadas, de las que apagan la sed. Tomando una a la semana, ya no se tiene necesidad de beber.

- ¿Por qué vendes esto? - dijo el principito.

- Supone una gran economía de tiempo - dijo el vendedor -. Los expertos han hecho cálculos. Se ahorran cincuenta y tres minutos a la semana.

- ¿Y qué se hace con esos cincuenta y tres minutos?

- Se hace lo que se quiere...

“Yo - se dijo el principito -. si tuviera cincuenta y tres minutos para gastar, andaría despacito hacia una fuente...”

Demian, de Herman Hesse

" Y me contó la historia de un muchacho enamorado de una estrella. Adoraba a su estrella junto al mar, tendía sus brazos hacia ella, soñaba con ella y le dirigía todos sus pensamientos. Pero sabía o creía saber, que una estrella no podría ser abrazada por un ser humano. Creía que su destino era amar a una estrella sin esperanza; y sobre esta idea construyó todo un poema vital de renuncia y de sufrimiento silencioso y fiel que habría de purificarle y perfeccionarle. Todos sus sueños se concentraban en la estrella. Una noche estaba de nuevo junto al mar, sobre un acantilado, contemplando la estrella y ardiendo de amor hacia ella. En el momento de mayor pasión dió unos pasos hacia adelante y se lanzó al vacío, a su encuentro. Pero en el instante de tirarse pensó que era imposible y cayó a la playa destrozado. No había sabido amar. Si en el momento de lanzarse hubiera tenido la fuerza de creer firmemente en la realización de su amor, hubiese volado hacia arriba a reunirse con su estrella.

1984, de George Orwell

"El poder no es un medio, sino un fin en sí mismo. No se establece una dictadura para salvaguardar una revolución; se hace la revolución para establecer una dictadura. El objeto de la persecución no es más que la persecución misma. La tortura sólo tiene como finalidad la misma tortura. Y el objeto del poder no es más que el poder. ¿Empiezas a entenderme?"

El oficio de vivir de Cesare Pavese

Recomendo estes libros por seren o "fondo de armario" da miña pequena biblioteca. Os libros imprescindibles, eses aos que reservo un oco no meu escritorio, os que podo abrir por calquera páxina pois sei que me vai gustar o que lea. Ao igual que calquer libro de Mario Benedetti.

Carla recomenda:

Acuérdate de mí de Mary Higgins Clark.

Unha escalofriante historia na que unha nai se sente culpable pola morte do seu fillo e que co seu marido se muda a unha casa de ensoño na costa, pero non todo o que parece, ese foi un mal paso e nesa casa vivirán situacións siniestras.

El tiempo entre costuras de María Dueñas.

Conta a historia de unha modista que se namora dun home que apenas coñece pero co que se vai para Tánger, unha cidade donde vive numerosas situacións. Sen dúbida, unha época, unha historia e uns lugares que estaban a esperar que alguén os contara.

Para os amantes da música Rock aí vai a recomendación:

Rockers.... desterrados de la movida de Lauren Jordán

Un libro que a modo de biografía fai un repaso polo mellor rock da historia.

Suso recomenda:

En tiempo de prodigios, e La importancia de las cosas, ambos de Marta Rivera de la Cruz. Literatura galega escrita en castelán.

Carla recomenda:

Las cenizas de Ángela de Frank McCourt.

Un libro que conta a historia do protagonista e da súa vida nas zonas pobres de cidades como Irlanda, cun pai alcólico e tendo que vivir da caridade das persoas.