O videoghit 2014

Algúns traballos moi bos pero que non están nominados para os premios o 23 de maio.

Lista de nominados e gañadores (en fondo verde):

Celebrouse a gran gala de entrega do Videoghit 2014, na Casa de Cultura de Silleda.

Vídeo da gala (Por Xosé Fuentes)

Grazas ao alumnado deste curso, tan traballador:

Ollo á sección amiga EXCELENTE COLMEIRO:

ANEXO:

Películas graciosas que non teñen gracia ningunha, cine de autor que non entende nin o autor, "americanadas", películas chorra, "españoladas"...unha pequena escolma de todos eses filmes que nunca debimos ver.

Enredados, de Nathan Greno e Byron Howard

Non é un claro "nin se cho ocorra vela", xa que, ó meu parecer, ten detalles moi bos. Non obstante, abusa dos momentos cantados e o final é tremendamente cursi e empalagoso, o que fai que non te quedes con bo sabor de boca. (Lucía)

Emma, de Douglas McGrath (1996)

Tremendamente aburrida e con personaxes, ao meu parecer, irritantes. Ademais carece de historia, son duas largas horas nas que non pasa nada. (Lucía)

Douche toda a razón Lucía, eu vina porque non me enteraba do libro, xa que nolo mandaron ler en inglés, e non me axudou para NADA!! Xa que en vez de atender á película, atendía a outras cousas, pois era verdadeiramente aburrida!! (Natalia)

El solista, de Joe Wrigth (2009)

Se tes dúas horas libres, non tes nada para facer e te queres aburrir un pouco...mira esta peli!!!CONSEGUIRALO!! (Natalia)

Crank, de Mark Neveldine (2006)

Unha película que me pareceu bastante mala, pese a iso, quixen ver como acababa pero quedeime durmida! (Natalia)

Corazón de tinta, de Iain Softley (2008)

Esta película é unha auténtica chorrada, tan aburrida que, a pesar de ir en bus coa incomodidade dos asentos, me fixo durmir!! (Natalia)

Chicas malas, de Mark Waters (2004)

Debo recoñecer que fai catro ou cinco anos, cando vin esta película por primeira vez, gustárame. Fai pouco volvina ver pensando no bo recordo que me quedara e non fun quen de rematala. É tremendamente mala. Menos mal que os gustos van cambiando... (Lucía)

El cartero (y Pablo Neruda), de Michael Radford (1994)

Película decepcionante, despois de ler o libro non te esperas unha película así de aburrida. (Erea)

Tensión sexual no resuelta, de Miguel Ángel Lamata (2010)

"Película perfectamente prescindible do novo "divertido" cine español. Auténtico sub-producto de consumo rápido." (Suso)

Qué les pasa a los hombres? de Ken Kwapis (2009)

É unha película que parecía interesante o aparecer moitos actores famosos xuntos, pero cando a ves levas unha enorme decepción.(Cris N.)

500 días juntos, de Marc Webb (2009)

"Mezcla cousas do pasado e cousas do futuro, polo que se fai un pouco roio, e algunhas cousas non se entenden ben. O final é un pouco soso." (Kris G.)

El aprendiz de brujo, de Jon Turteltaub (2010)

"Pouco creíble, incluso para ser unha peli de Disney" (Lucía)

Megapetarda, de Nick Moore (2009)

"O título xa o di todo" (Enma)

"Casi me da vergoña dicir que me gustou esta película, pero é a realidade. Ten puntos moi bos (contando a ilustre presenza de Seann William Scott e Aston Kutcher, ese si que é un puntazo) pero cando cheguei ao final... realmente... sentinme un pouco desubicada... demasiado irreal e estúpido..." (Icíar)

Colega, ¿dónde está mi coche? , de Danny Leiner (2000).

Fuga de cerebros de Fernando González Molina (2009)

"Humor do malo que xira arredor dun grupo de universitarios (aínda que iso habería que discutilo). É outra película española cos actores de moda, un guión pobre e escenas con chistes absurdos." (Icíar)

" Para ser española penso que foi (das que vin) a que máis se afasta do que entendemos por españolada. Ten puntos cómicos, aínda así, dista moito de ser unha película recomendable." (Laura)

Starstruck, de Michael Grossman (2009)

"Non preguntedes en que estaba pensando cando se me ocorreu vela. É de supoñer que ninguén vai ver esta película, pero por se as moscas, aquí vos deixo a miña non-recomendación." (Icíar)

" Pois min gustoume,e fíxome pasar un bo rato,aínda que fose predecible dende o principio ata o final (é de disney, todas son así)." (Laura)

Madhouse, de William Butler (2004)

"Se non ves esta "orixinal" película de terror ambientada nun manicomio non creo que che pase nada" (Icíar)

"O mellor: o momento no que unha das protagonistas morre afogada por introducir un teléfono móbil na boca." (Icíar)

Viernes 13, de Marcus Nispel (2009)

Armageddon, de Michael Bay (1999)

"Sen dúbida o mellor da película a banda sonora" (Carla)

Spice World, (1997)

"A min abondábame con saber dúas cancións delas, creo que ver a película foi un gran erro" (Carla)

Al final de camino, de Roberto Santiago (2009)

"Típica españolada que como moito merecería verse un sábado en antena3 pola tarde" (Noelia)

"Ten certo interese ver as paisaxes coñecidas do entorno de Santiago" (Suso)

El club de la lucha, de David Fincher (1999)

"Vina (porque ma recomendaron) pensando que sería unha desas películas de intriga e de pensar na trama, pero en realidade é todo demasiado evidente e non ten nada de especial" (Noelia)

Querido John, de Lasse Hallström (2010)

"Se vos pilla nun estado de ánimo "sensible" pódevos gustar, senon... non perdades o tempo." (Icíar)

"Difinitivamente, os guionistas non tiñan o mellor día cando escribiron o final"(Enma)

"Ensínanos o duro de ser soldado, e que o amor a distancia tamén é posíbel. O final pensei que sería distinto, pero a película en si non me decepcionou." (Kris G.)

Clownhouse, de Victor Salva (1998)

"Se o que vos gusta son películas de medo e sen un bo argumento esta é a vosa película. O único bo que podo dicir é que non ides sufrir vendo sangue." (Icíar)

Precious, de Lee Daniels (2010)

"Non merece nin estar en cartelera. Intenta dar pena, e o máximo que consegue e quedarse dormido" (Enma)

"Paréceme unha boa película, que trata temas que por desgracia ocorren na vida real." (Icíar)

2012, de Roland Emmerich (2009)

"Tranquilos que o fin do mundo aínda non nos toca a nós, demasiado apocalíptica e baseada na arca de Noé" (Noelia)

Pandorum, de Christian Alvart (2009)

"Terror? Máis ben, asco! Por favor, non perdades o voso valioso tempo vendo isto" (Noelia)

Furia de Titanes, de Louis Leterrier (2010)

"Decateime de que tirara os cartos aos 5 minutos de visionado, un claro "Nin se che ocorra vela"!!! (Andrea)

San Valentín Sangriento, de Patrick Lussier (2009)

"Se pretendes pasar minutos de terror, non escollas esta película. Simplemente, sin se che ocorra vela (polo menos sin ser en 3D)" (Laura)

"Se vos gusta ver sangue e mortes cruentas recoméndovola" (Icíar)

El club de los suicidas, de Roberto Santiago (2007)

"Unha burrada sen ton nin son" (Noelia)

Mentiras y gordas, de Alfonso Albacete e David Menkes (2009)

"Gorda a mentira que nos colaron con esta película que non chega nin sequera ao aceptabel, cóctel explosivo de chic@s guap@s, non vale nin para un domingo de choiva." (Andrea)

"O argumento resumese con tres palabras: sexo e droga" (Noelia)

"Se rematei de ver esta película foi porque estaba no cine e xa pagara a entrada." (Icíar)

IT, de Stephen King (1986)

"Aínda que a música de fondo do circo axuda a poñernos en tensión, o argumento é bastante absurdo. Pero o paiaso asusta moito." (Icíar)

Retratos del más allá, de Masayuki Ochiai (2008)

"Os excesivos parecidos entre os personaxes fan que non te enteres de nada." (Icíar)

Rose red, de Stephen King (2002)

"Unha película realmente mala, non te deixes enganar pola portada da película pensando que dará medo, xa que podes pasar horas esperándoo e o peor é que non chega nunca" (Laura)

"Demasiado extensa, algo que pode facer que os espectadores sexan incapaces de aguantar ata o final. Eu fun un deles." (Icíar)

El búfalo de la noche, de Jorge Hernández Aldana (2007)

"Non entendo como poden realizar películas con tramas tan simples e "tontas". Unha película bastante rídicula en contido". (Carla)

Michael Clayton, de Tony Gilroy (2007)

"Aínda que o protagonista sexa o guapísimo George Clooney, a película non gana en argumento" (Carla)

El ataque de los tomates asesinos, de John de Bello (1978)

"Con ese nome xa se espera que non sexa un peliculón, pero hai que dicilo... menuda fantasmada!!" (Carla)

* Cabe destacar que esta película foi das máis criticadas e considerada como unhas das peores películas da historia.