Hai xustiza?

REFLEXIÓNS SOBRE A XUSTIZA:

MICROESPACIOS

(En breve, as nosas aportacións audiovisuais para un coñecemento mellor da xustiza).

Para pensar:

A democracia e as súas eivas

(Tentamos facer unha crítica directa do noso sistema electoral, coa axuda de I. Kant).

En Silleda tamén se cometen delitos:

RELATO DUN DELITO.docx

-"Eu penso que realmente un criminal sempre vai a seguir sendo un criminal e non creo que ninguén se poida reinsertar,aínda que haberá escepcións.Polo tanto estaría de acordo coa cadea perpetua xa que me parece moi inxusto que por bo comportamento se reduzan as condenas.O bo comportamento xa debería haber comezado fóra."(Rocío)

- "Cadea perpetua sen cuprimento íntegro da pena? Omitindo esta contradicción, no caso de que fose perpetua... ata que punto é xusta a `xustiza´? Non preguntarei ata que punto é infalible." (Pedro)

-"De verdade un asasino ou un violador chega a cambiar dentro da cárcere e cando sae xa está preparado para vivir coma un cidadán máis? A xustiza neste país esta tomada un pouco 'a cachondeo', non hai quen chegue a cumprir a pena que se lle impuxo no seu día, e é así como en menos de dez anos, en ocasións, un asasino volve estar na rúa. Sinceramente, para xente sen escrúpulos que acaba coa vida de outras persoas, penso que se merecen a cadena perpetua, e sen revisión algunha, sempre e cando se demostre a súa culpabilidade." (Alismar)

- "Alguén pode crer que un asasino pode reinsertarse na sociedade como un cidadán máis? Eu penso que non, alguén así debería estar no cárcere toda a súa vida. Eu, persoalmente, non estou a favor de que rebaixen as penas por bo comportamento, xa que, calquera persoa con un mínimo de intelixencia portarase ben no cárcere para saír antes."(Nerea)

-"Creo que se debía comezar polo cumprimento das penas íntegras."(Tania)

- "Ter que ver o asasino do teu marido,ou o violador da túa filla,ou simplemente a persoa que arruinou unha vida tan campante pola mesma rúa na que ti vives paréceme do máis inxusto.Eu desde logo que non quero unha xustiza así no meu país.Unha persoa que cometa un delito dese calibre claro que se merece a cadea perpetua."(Bea)

- " Hai persoas que cometen delitos como asasinar a alguén e pasan tanto tempo no cárcere como persoas que cometeron un delito moito menor. Por bo comportamento ainda poden saír antes. É eso xusto?"(Marta)

- " Un vilador que arruinou unha familia, un asesino, un maltratador... teñen dereito a andar polas rúas como unha persoa calquera? creemos nas segundas oportunidades? (Sabela)

-"Debemos as mulleres aturar certos tipos de palabras sen pensar nunha sociedade machista?"(Isabel)

- "Pedimos cadea perpetua para o asasino que mata unicamente polo afán de ver morrer, para un terrorista que coloca bombas destruíndo edificios nos cales viven ou traballan decenas de persoas, para o violador en serie que 'repasou' tódalas rapazas do pobo... Cremos que nunca poderían reinsertarse na sociedade, que á mínima pensan en volver cometer algo dese nivel, porque alguén que xa o fixo non pode cambiar a súa mentalidade, ou si? Pero pensa que é un familiar, alguén moi cercano a ti, que de verdade sabes que si se arrepinte e é consciente do que fixo, debería seguir encarcelado de por vida?" (Elena)

-"Eu penso que nin a cadea perpetua nin a pena de morte nin a lei do ollo por ollo..., son as solucións máis correctas para a sociedade moderna na que vivimos, creo que deberíamos confiar máis na reinxerción das "persoas" por chamarlle dalgun modo a estos asesinos ou violadores".(Jose)

-Hai casos e casos. É certo que moitos asasinos en serie teñena moi mereceda pero outra xente arrepíntese realmente do que fixo. Estas cousas ainas que ver dende fora porque non vai opinar o mesmo alguen da familia da victima que alguen que non ten nada que ver e outro tanto do mesmo pasa co culpable.

-"Na miña opinión a cadea perpetua hoxe en día non e cumprida pr ningún delincuente cuxa sentenza dicte esta cadea. A pesar desto unha persoa que estea condenada a pasar o resto da súa vida nunha celda dunha prisión tampouco me parece xusto xa que para este tamén se acaba a vida a pesar de estar vivo. Esta interpretacion ten que ser vista dende a perpectiva dunha persoa que non sufríu danos físicos ou psicolóxicos do preso xa que este sempre vai pensar todo o contrario."(Damián)

- "Creo que todo tipo de delincuentes deben ser castigados,pero non de igual forma os que por exemplo rouban que os que matan. Aínda que só se lle dá a importancia que ten a estes temas,cando se viven en primeira persoa. "(Miriam)

-"Eu penso que a cadea perpetua non e unha solución para arranxar os problemas da sociedade xa que o carcere e para que os presos se reeduque e se reinserten na sociedade". (Jacobo)

-"Se se instaura a cadea perpetua, un asasino tras cometer un crimen sabe que a súa sorte está botada, ¿qué máis lle da entón matar a un que a dez?" (Pablo)

A súa señoría (xuíces, xuizas e inxustizas).-

-Penso que por culpa de xuíces coma este así está a xustiza e así morren tantas mulleres a mans das súas parellas.Como podemos estar seguros de que este home non vai cumprir o seu "desexo"?(Rocío)

- "Ante a decisión tomada polo xuíz ao determinar a repercusión na sentenza da palabra `zorra´, e sen ánimo de descalificar ao maxistrado con expresións de ningún tipo, farei a valoración de que foi pouco prudente e `un tanto´ subxectivo." (Pedro)

-"Non me estraña que cada poucos días apareza unha noticia de violencia de xenéro cun tráxico final, tendo xuíces así no noso país, que non lle dan importancia a un caso no que a muller é insultada e ata se lle desexa a morte, e aínda por encima se lle ocorre decir que o home só pretendía chamarlle astuta." (Alismar)

-"Moitas veces a violencia verbal supera a física. Por este motivo, a palabra "zorra" non é violencia verbal?"(Tania)

-" O maltrato a unha persoa non só implica violencia física. Doe máis que te humillen ou que te insulten que unha labazada.Na miña opinión,este xuíz é un auténtico machista."(Bea)

- " Chamarlle "zorra" a unha muller non é un delito, e dicirlle que desexas vela no ceminterio nunha caixa de pino tampouco é delito, logo debemos agardar a que maten a unha muller para comezar a facer xustiza?"(Marta)

- "Sendo esta persoa xuíz que podemos esperar da xustiza? Xente como esta non debería estar onde está, porque o único que demostrou é ser un auténtico machista." (Nerea)

-" A pena de morte: a un lado a indignación , a dor; ao outro lado a desgracia , o humillacion, o hundimento." (Isabel)

-"Despois de ver cousas coma esta e un xuíz como este, eu penso a xustiza e xusta? porque eu penso que non, penso que a xustiza está chea de inxustizas". (Jose)

- "Igual que fixo o xuíz, haberá que pasar por alto comentarios asi. Doutra maneira, insultar a alguén, neste caso chamarlle zorra, e insinuarlle que oxalá estivera morta, non é un delito. Pensades logo que por insultar a alguén te denuncien e teñas que cumplir unha condena?

Pero non é o mesmo, como di o texto '...por un delito continuado de amenazas y MALOS TRATOS en el hogar queda anulado...', se estando casados se produciron malos tratos. Neste caso xa tería que, polo menos, dictarse unha orde de alonxamento." (Elena)

- Si agora ao maltrato psicolóxica non se lle dá importancia... que debemos esperar que ocorra,para facer xustiza? (Miriam)

Non hai xustiza no mundo.-

- 14 de outubro "hai fame no mundo":

http://www.rtve.es/alacarta/audios/programa/dias-como-hoy-crisis-alimentarias-mundo-como-acabar-con-ellas/1223104/

-"Realmente o importante non sería darlle diñeiro ou darlle a comida,o que se debería facer e ensinarlle como utilizar os recursos que eles teñen en vez de ser tan egoístas e aproveitarnos da súa situación para beneficiarnos ao explotar os SEUS recursos."(Rocío)

-"Creo que non só nos deberíamos preocupar polas fames do terceiro mundo cando a nosa porta hai xente que está "morrendo de fame."(Tania)

-"Estamos tan acostumados a ver noticias relacionadas con este tema que pasamos olimpicamente.Total,mentras non nos afecte a nós...que máis dará que morra un neno cada 6 segundos? É moito máis importante ver se saíu xa á venta o novo iphone!" (Bea)

-" Vivimos sen preocuparnos do que pasa fóra de aquí, nin sequera nos preocupa comprar uns pantalóns de 50 euros e saber que con eses cartos alguén podería comer, simplemente podemos vivir con eso, pero non sabemos ata cando seguiremos asi e non nos importa o único que nos preocupa e ter comida para cando nos apeteza e poder levar roupa cara e ter todo o que queiramos."(Marta)

-" É moi triste que morran tantas e tantas persoas de fame e tratemos o tema con total naturalidade... no noso mundo so nos preocupamos por nos e polo noso ombligo " (Sabela)

-"Estamos nunha sociadade que se preocupa máis polas cousas materias como o diñeiro, que polas necesidades básicas das persoas, total, estamos afeitos a que haxa un terceiro mundo a non facer nada para que isto cambie." (Alismar)

- "Para cambiar a realidade, que é tan triste como que no terceiro mundo morre un neno cada 6 segundos, primeiro temos que cambiar a nosa mentalidade ." (Nerea)

-"Hai comida suficiente o que pasa e que non chega ós estomagos das persoas. Porque de toda a comida que hai, solo a mitad se usa pa alimentar persoas a outra mitad úsase para alimentar animales." (Isabel)

- "Dá igual recordar este feito hoxe ou mañá, porque pasado ímolo ter olvidado. Porque é algo que está ahí, e sempre vai estar. Porque para que deixe de morrer xente de fame... moito teñen que cambiar as cousas! Que dá NOXO que cada ano morran sobre 2'6 millóns de persoas POR SOBREPESO!, e que morran entre 3,5 e 5 millóns de nenos menores de cinco anos POR DESNUTRICIÓN. Soamente unha pregunta, superará algún día a cifra de mortos por sobrepeso á de mortos por desnutrición?" (Elena)

-No mundo hai comida suficiente para todas as persoas, o que ocorre e que no mundo no cal o ser humano vive a repartición de bens esta moi mal feita xa que case todos os recursos atópanse no primeiro mundo mentres que no resto do mundo( África, Sudamérica,...) a meirate parte dos recursos só esta o alcance da xente que está moi desenrollada."(Damián)

-"Estou dacordo en que todas as persoas debemos concienciarnos para axudar o terceiro mundo, pero sen o compromiso dos principais países para que en vez de investir tantísimos millóns en outras cousas que non son nin a metade de importantes como axudar o terceiro mundo, pero en esto nunca se comprometerán a non ser que reciban un benefio, se é que vivimos nun mundo que so pensa no diñeiro, e non lle importa nada as necesidades humanas" (Jose)

-"A simple costume de ver e escoitar a todas as horas as mismas noticias, fai que en vez de facernos reflexionar e intentar axudar,pasemos do tema e nos dediquemos a cousas moito menos,por non dicir nada,importantes"(Miriam)

d) Feminicidio silenciado

- " En Guatemala máis de 100.000 mulleres foron violadas durante o conflicto de Guatemala. As violacións ainda seguen ocorrendo hoxe en dia, ninguén fai nada, e a posibilidade de que o seu caso chegue á xustiza é do 1%. Pero sen dúbida o peor é que teñen que ver aos seus agresores cada vez que saen da casa sabendo que probablemente nunca serán xulgados."(Marta)

-"O máis duro para estas mulleres é o rechazo dos seus marido. España dará voz a estas mulleres. O xuíz Pedraz admitiu unha ampliación da querella de 1999 na que se contempla como un crimen internacional a violencia de xénero durante o conflicto."(Tania)

(Delitos e penas).-

Selección de novas nacionais e internacionais, xuízos, denuncias, sentenzas, etc.