O videoghit 2017
Edición 2017 de O Videoghit:
O Videoghit 2017
Categorías (nominados e remarcados os gañadores):
- Mellor videoghit 2017
- Mellor montaxe e dirección de escena
- Mellor actor
- Mellor actriz
- Mellor vestiario e maquillaxe
- Mellor interpretación vocal
- Premio Concello de Silleda
Xurado da presente edicion:
- Roi Guitián (xornalista e dinamizador TIC) @roiguitian
- Eliseu Mera (profesor de música do Colmeiro) @eliseumera
- Tania Cuíña (fotógrafa, do estudio Vacaloura) www.vacalouraestudio.es
Procedencia:
Este ano temos vídeos chegados dende Santiago, Silleda, Cacheiras, Dodro, Marín, Bueu, Allariz, Moaña ...
Gala do Videoghit:
Venres, 26 de maio de 2017, no Auditorio da Semana Verde de Silleda, ás 20.30
Videoghit 2017 (-1 Fóra de concurso)
Videoghit 2017 (-2 Fóra de concurso)
Videoghit 2017 (nº 1, dende o Pintor Colmeiro, Silleda)
Videoghit 2017 (nº 2, dende o Pintor Colmeiro, Silleda)
Videoghit 2017 (nº 3, dende Negreiros)
Vídeoghit 2017 (nº 4)
Videoghit 2017 (nº 5, tamén desde Trasdeza)
Videoghit 2017 (nº 6, dende Santiago de Compostela)
Videoghit 2017 (nº 7, Compostela)
Videoghit 2017 (nº 8, reivindicativas)
Videoghit 2017 (nº 9, mozas divertidas e moi unidas)
Videoghit 2017 (nº 10, xente activa e creativa)
Videoghit 2017 (nº 11, esa mirada, esas miradas...)
Videoghit 2017 (nº 12, natureza en estado puro)
Videoghit 2017, (nº 13, coñecedes As Pedrosas?)
Videoghit 2017 (nº 14, dende Dodro sempre chega calidade!)
Videoghit 2017, (nº 15, dende as terras de Lamela)
Videoghit 2017 (nº 16, dende Marín chega esta marabilla).
Videoghit 2017, (nº 17, hai monstros en Marín, e como cantan!)
Videoghit 2017, (nº 18, no Carballal "non se están nada mal")
Videoghit 2017, (nº 19 máis música dende Marín)
Videoghit 2017, (nº 20, Marín canta a Galicia)
Videoghit 2017, (nº 21, non todos os mosquitos son molestos)
Videoghit 2017, (nº 22, a historia de Andrés Milpés)
Videoghit 2017, (nº 23, dende Marín)
Videoghit 2017, (nº 24, dende Cacheiras ata Silleda)
Videoghit 2017, (nº 25, dende Bueu chegan estes trasnos)
Videoghit 2017, (nº 26, dende Allariz, coa música de Sés".
Videoghit 2017, (nº 27, as marabillas de Silleda cobran protagonismo).
Videoghit 2017, (nº 28, unha mirada irónica sobre Silleda)
Videoghit 2017, (nº 29, dende Moaña, Antía Gonzalez e Julieta Insagaray)
Videoghit 2017, (nº 30, cantando á terra dende Allariz)
Videoghit 2017, (nº 31, en Allariz faise moito deporte, vede, vede)
Videoghit 2017, (nº 32, fermosas terras de Trasdeza)
Videoghit 2017, (nº 33, unha versión dun éxito de Páramo Pictures)
Videoghit 2017, (nº 34, non podía faltar A saia da Carolina)
Recomendaremos as mellores series que poden atoparse na rede, relacionadas coa temática da nosa materia:
Maio e xuño 2012. Recomendamos os vídeos da seguinte páxina:
http://www.palasaca.es/index.php?topic=3592
"LEX"
A
Series
Abril 2012, unha serie de produción española:
-Cap1: Mario Estrada un bo avogado acostumbrado a que todo lle saia ben, está a punto de sairlle todo mal. Gañou un caso, o xuizo de acoso sexual saiu ben. Solo tivo que destruír as probas que declaraban culpable ao seu cliente que era culpable. Dani o seu socio está a punto de escubrir que Mario é tan canalla como todos lle advertiran.
-Cap2: Mario terá que defender a unha muller acusada de clavarlle a barra dunha cortina ao seu home tras pillalo na cama con outra.Resulta paradóxico que teña que defender este caso, cando días atrás o propio Mario lle foi infiel á súa prometida.Aparentemente é un home forte e sen escrúpulos,pero serán as súas emocións as que lle fagan gañar un xuízo que nun principio parecía imposible de gañar.
-Cap3: Neste capitulo reflexase a dura toma de decisións dunha parexa sobre a operacióndun fillo na que se xoga a vida.
-Cap4: Mentres Mario practica cun bebé de xoguete para cando nazca o seu fillo, ten que enfrontarse a un caso de narcotráfico. Dani pola súa parte encárgase do caso dun enfermo terminal ao que a súa muller quere internar nun psiquiátrico.
-
Marzo 2012, aprendemos con KATE (Fairly legal)
Cap1:Cap2: 'Un encarcelado polo atraco dunha tenda e a morte do seu dono, pasa 22 anos no cárcere ata que o verdadeiro culpable confesa. Vacío por dentro e sen interesarse pola indemnización que poida obter, acaba indo a dita tenda e destrozandoa. Pero finalmente, esta será demoída para crear un cetro comunitario, o cal xestionará.'
Cap3: "Unha proposta previa a un xuízo, a mediación, pode resolver moitos conflitos, gañando as dúas partes. Por último amósanos o importantes que son os detalles, especialmente para quen sabe aprecialos..."
Cap4:"Un pai reclámalle á súa filla diñeiro por un programa de televisión no que relata a súa vida e mostra o que pai lle ensinou acerca das barbacoas. O que o pai non sabe e que a súa filla por fin se enfrontará a el olvidando os seus medos, gracias a axuda de Kate."
Cap5:
Febreiro 2012, en antena, SUITS
Cap1:" Mike é un home moi listo que se gaña a vida facendo os exames de outras persoas sobre todo os que teñen que ver coas leis. Harvey é un avogado brillante que se ve na obriga de contratar un socio. Entón coñece a Mike casualmente e ainda que este non ten o título de avogado é contratado debido os seus coñecementos sobre leis."Cap2:"A Harvey encárganlle un caso de acoso sexual para poder recuperar o seu ascenso, sen embargo será Mike quen o leve a cabo coa axuda deste.Mike demostrará o seu talento,e decidirá que xa non precisa o maletín que tanto esconde, 0 maletín que explica a súa chegada a este bufete de avogados."Cap3:"Un xuíz insiste en que Harvey tivo un romance coa súa esposa e négase a escoitar todos os casos de Harvey.Mentras tanto Luis chantaxea a Mike para conseguir un prestixioso cliente" Cap4:" Harvey convírtese en socio principal e ten que buscar a solución pra que non trasladen unha empresa de motores ao exterior. A solución atópa ca axuda de Mike que é vender a empresa e asi duplicar os seus ingresos. Cap5:"Harvey e un testigo nun xuicio civil, e ten que depender de Luisen para buscar axuda. Mike rescata o seu vello amigo do cárcere Trevor.
Xaneiro 2012, unha ollada cara a The killing:
Cap1: "Rosie é unha rapaza de 17 anos a cal levaba desaparecida dende o venres. Todos os indicios apuntaban a que se marchara co mozo pero o pai da rapaza deuse de conta de que non estaba con el, A policía atopouna no maleteiro dun coche que estaba sumerxido nun lago." Cap3:"O concelleiro de Richmond ,sospeitoso da morte da rapaza,sospeita que dentro do seu equipo hai un topo.Sara e Holder localizan a un testigo potencial no asesinato que os levará a un novo sospeitoso". Cap4: "Tras o interrogatorio de Jasper e Chris, Sara Holder falan coa mellor amiga da rapaza e descobren novas pistas sobre o crimen. Holder recorre o mesmo traxecto en autobús ca ela e descobre que a rapaza e o seu profesor, Bennet, tiñan unha relación máis que escolar. Sara pola súa parte,atopa unhas cartas escondidas na lámpada da moza". Cap5:" Despois de haber encontrado a carta oculta de Rosie, Sara e Holder entrevistan ó seu profesor, Bennet Ahmed. Él nega ter algo que ver coa sua morte, e proporcionalles información nova, una película que ela fixo".
Decembro 2011, recomendamos XUIZ SEN CAUSA:
Cap 1: "O xuíz Garza despois de varios anos obedecendo as leis do Tribunal Supremo, decide darlle outra oportunidade cun novo xuízo aGreg, un preso do Correccional Estatal Greene, e ademáis deixa de ser xuíz no Tribunal Supremo para ser avogado, neste caso de Greg. Tras pescudar no caso, atopan probas que mostran a inocencia do acusado."
Cap 2:"Moita cabeza e pouco corazón.Así é como definen o xuíz Garza,que deixará de selo para exercer como avogado.Desta vez acepta un caso envolto totalmente nun aura de racismo,no que un policía dispara a un hispano considerando que non tiña papeis.Un caso que parecía totalmente perdido, pero que Garza finalmente consegue sacar adiante."
Cap 3: "Un xuíz sen un can que aposta o que lle queda esperando gañar un xuízo tremendamente complicado como avogado. Amósase a inconsciencia e o inconformismo capitalista e persoal do protagonista, que busca incrementar o seu diñeiro e relacións interpersoais sen importar o risco que esto conleve."
Cap 4:"Un xuíz que acaba sendo avogado pola súa propia vontade, decide involucrarse nun caso dunha empresa de coches que pon a venta un coupé con un defecto da dirección e que se nega a recoñecelo, a pesar da morte de moitas persoas por culpa deste erro."
Cap 5:"O caso de Tracy Vidalin todo comeza cando unha confesión e presentada como proba de que a noiva dun policía asesino é culpable de asesinato. Garza deberá averiguar se foi violada, porque de ser así, a confesión non servirá e a acusada poderá gardar silencio.
Novembro 2011, recomendamos: PRESUNTO CULPABLE (CRIMINAL JUSTICE)
Grupo 1, cap. 1:" Todo empeza unha noite na que un mozo coñece a unha moza, ela invitao a súa casa e, horas despois, ela aparece morta. El é o presunto culpable da súa morte. É enviado ao cárcere."
Grupo 2, cap 2:"No cárcere comeza a darlle problemas un home, que acompañado de outros lle fan a vida imposible. Sen embargo, ao protagonista asígnanlle un celda cuxo compañeiro é todo o contrario a perigoso. Xogarán ao axedrez dunha maneira peculiar..."
Grupo 3, cap 3:"A defensa do acusado convértese no único obxectivo dos avogados, chegando a expoñer defensa propia ante unha ninfómana tola, asi como sacando probas de inocencia de donde non as hai, sen interesar a verdade, e por conseguinte, a xustiza. A vida do personaxe divídese entre o xulgado, onde rexeita calquera indicio de mentira contradecindo aos avogados, e o cárcere, onde cada vez se ve máis preso da forza da mafia imperante..."
Grupo 4, cap 4: "Durante o xuízo, a acusación non fai máis que presionar a Ben para que se autoinculpe do asasinato, pero os seus avogados farán ata o imposible por demostrar a súa inocencia culpando incluso ao pai da víctima..."
Grupo 5, cap 5: "Ao final, o seu compañeiro de celda ten que dala súa vida para que se descubra a verdade e Ben sexa absolto".
The Big Bang Theory
Outra serie coa que poder rirte. A simple vista pode parecer unha serie de ciencia, pero a medida que a vas vendo daste de conta de que iso non é así. Fálanos de catro amigos frikis que teñen unhas vidas moi pegadas á ciencia e que viven xogando a xogos de monstruos fantásticos e que comparten a súa vida coa da súa veciña da cal un está enamorado. Animádevos, merece a pena vela!! (Erea)
Friends
Esta serie xa é antiga, pero cada vez que a vexo faime rir como a primeira vez. Cóntanos as aventuras duns amigos que viven en Nova York, as súas relacións amorosas e todas as peculiaridades que teñen (Erea)
Erea ten razón: a pesar de ter xa varios anos é unha serie que te fai rir vendo o día a día de varios amigos. (Kris)
GANANDO EL JUCIO (RAISING THE BAR)
Unha nova serie de avogados, con incidencia especial en cuestións éticas:
Iremos comentando o máis interesante de cada capítulo, dende a perspectiva da nosa materia:
1ª temporada
Episodio 1: Pilot (Suso) "Unha condena errónea fire o noso principio máis sagrado: a verdade". Presentación do grupo de avogados de oficio e dos seus opoñentes, os fiscais. Os primeiros aparecen retratados como xóvenes idealistas, os segundos como individuos dispostos a gañar por calquera medio.No primeiro capítulo vemos que, en ocasións, un inocente pode ser acusado porque "parece" culpable.
Episodio 2: Guatemala Gulfstream (Cris Núñez) "¿Podríamos intentar ser sociales?" Neste capítulo Jerry Kellerman, un dos avogados de oficio, está defendendo a Antonio nun caso de asasinato. No cal os fiscais fan todo o posible para que o testigo máis importante neste caso non chegue aos tribunais para declarar e poder demostrar a inocencia do acusado. Ao mesmo tempo estase a tratar un caso de violencia, no cal acusan a un chaval de golpear a outro cunhas botas, tras recibir ameazas por parte dunha banda. Finalmente, no primeiro caso o acusado sae en liberdade e no segundo caso os vencedores son os fiscais .
Episodio 3: I Will, I'm Will
(Lucía D.) "Me había vuelto loco. Mi mente y yo nos habíamos separado y lo peor era que casi valía la pena". Cando alguén perde o xuizo e comeza a ter problemas mentais a súa familia é a principal sufridora. Enfréntase ó dilema de non querer abandoar ó seu familiar con problemas, pero por outra banda, este converte ós seus achegados nos maiores inimigos, facendo que a convivencia sexa insoportable. Así, tal e como reflexa este capítulo, as alternativas para estas persoas son mínimas, nos centros psiquiatricos escasean as plazas e o cárcere parece converterse na última alternativa.
Episodio 4: Richie Richer
(Natalia) "Defender aos delincuentes comúns, non é ser avogado, é ser carniceiro". Este capítulo céntrase no caso de Sabrina Watson, á cal lle queren arrebatar aos seus fillos por ter o seu fogar en pésimas condicións e, ademais diso, cren que foi testigo da morte de dúas prostitutas no seu edificio, o cal ela nega; tamén se centra no caso dun home que ten licencia para portar armas e que acaba coa vida doutro home. Ao final, Sabrina acaba declarando que si que presenciara a morte, pensando que dicindo iso, lle devolverían os seus fillos, pero saiulle mal a xogada. Por outra banda, ao home méteno en prisión durante dous meses.
Episodio 5: Bagels and Locks
(Lucía P.) "O optimismo, é algo complicado". Este capítulo ten como caso principal a sodomización e o asasinato dun rapaz a mans dun home que o secuestrou e lle deu un refresco cargado de drogas. Nel enféntase o avogado de oficio, Kelerman que defende o acusado, contra o da fiscalia; a súa vez desenvólvese o caso de Fredy Valerio acusado de posesión criminal de subtancias prohibidas, que se ve embolto no dilema ético de non delatar o verdadeiro camello que esta coidando da súa familia, mentres él está no cárcere esperando cumplir unha condena de 25 anos, pero sabendo que a súa familia está a salvo e en boas mans.
Episodio 6: Hang Time (Tania) " Que sexa legal non implica que sexa o correcto". Neste episodio temos como tema principal o maltrato á muller, vista por dúas mulleres moi diferentes, por dous homes, pola fiscalía e o xuíz. Estas diferentes perspectivas do caso do maltrato, achéganos nova información de actitudes e respostas de como se sinten estas mulleres. No caso da primeira afirma que o seu marido a quere e manifesta que ve como algo habitual as pelexas con lanzamentos de obxectos, pola contra a avogada que defende o caso da parella vive neses momentos un caso semelleante co seu marido. Este é adicto, e nunha discursión dalle unha labazada, esta di basta, e di que foi unha pero non volverá suceder, xa que o deixa. O outro tema, tratao un home, que para que a súa condea sexa menor afirma ser culpábel cando non o é, isto é cosecuencia da ocultación de datos da fiscalía ao avogado defensor. O avogado dase de conta desta estratexia, pero a xuíza non permite a moción. Neste caso maniféstase os diferentes recursos que utiliza a xustiza, para condenar ou absolver a un acusado.
Episodio 7: A Leg to Stand On
(Mariluz) " El problema de los secretos es que cuando los compartes, ya no son secretos".Este capítulo ten como principal dilema ético, a corrupción que hai detrás de cada xuizo; concretamente neste caso, contase a relación incontrolable que existe entre a política e a ley. Isto transmitese a través do xuíz Albert o cal estivo a piques de condenar a un inocente por mirar polo seus intereses, afortunadamente o xuíz deuse de conta de que non actuara corectamente e invalidou o veredicto.(Mariluz)
Episodio 8: Out on the Roof
(Sindy) "Na miña versión, o irmán maior non ten que pedir nada, é a lei familiar. É a hora de que o crío se sacrifique pola familia que tanto fixo por el, hora de que se faga un home." Neste capítulo trátanse dous casos pero o máis "grave" é o dun rapaz de 18 anos que tan só por lealdade á sua familia, declárase culpable para que seu irmán non pase o resto da sua vida no cárcere. Debe de haber miles de casos no que ocorre isto que pais por un fillo son capaces de pasar o resto da suas vidas no cárcere para protexer aos fillos. Mentres que no segundo caso, un dos avogados está implicado sentimentalmente co acusado, e por culpa diso acaba facendo cousas que poden acabar coa sua carreira.
Episodio 9: Roman Holiday
(Pablo)
Episodio 10: Shop Till You Drop
(Erea) "Calumnia que algo queda" .É o último capítulo desta temporada, e nel presentásenos distintas situacións, por un lado unha señora maior é acusada de roubo a gran escala, tamén sabemos como vai a relación entre a xuíza e o seu secretario despois de este confesarlle que era gay, e o marido da avogada que acaba de chegar é acusado de manter relacións con prostitutas en 4º grado; por último o caso que se nos presenta é o dun bombeiro negro que é acusado de roubarlle a un cadaver, nesta situación chámame á atención como o home prefire ir a cárcel que declararse culpable, xa que para el é máis importante seguir sendo inocente que mentir só para salvarse, e de aí ven a frase; xa que por moito que un se declare inocente cando se comeza a calunmiar a unha persoa é o momento que comeza tamén a dúbida nas demais, e ao crear a dúbida vale máis a mentira que a verdade.
2ª temporada
The walking dead
A verdade e que o xénero zombi pode non gustar a moita xente por ser demasiado "gore" pero creo que esta serie sabe levar o tema do terror dunha maneira que arrepía pero que ata a xente máis sensíbel pode ver! En definitiva, encantoume polo catastrofismo e o plantexamento dun tema que aínda que pode ter certas similitudes ca serie "Lost", ten un enfoque moi atractivo. Agora hai que esperar pola segunda tempada!! (Natalia)
Apaixoante serie, que te hipnotiza e fai quedar pegado ao sofá mentres a ves. (Pablo)
De acordo con Pablo, hipnotízate e queres seguir vendo máis capítulos haber que sucede (Erea)
Ao principio pareceume que seria unha trapallada, porque o xénero zombie nunca me chamou a atención, pero esta serie engancha. Moi boa. (Kris)
Serie estadounidense, na que Patrick Jane, un psíquico coñecido, utiliza as súas habilidades, como a observación ou a deducción, para axudar ao CBI a resolver crimes. Aparte de axudar, o seu obxectivo é atrapar a John El Rojo, un asasino en serie que matou á súa muller e filla. (Kris)
Los Tudor
É unha serie que nos relata a vida de Enrique VIII (Rey de Inglaterra) desde que está casado con Catalina de Aragón ata súa morte. Aínda que non todos os acontecementos que pasen nela estan xustificados, é unha forma distinta de aprender historia. Emítese po TVE e xa está na súa terceira temporada.(Lucía Presas)
É estupendo que se poida aprender historia dunha forma tan entretida. (Lucía)
Moi boa serie que che mostra a sociedade da época e fai que che sexa imposible perderte algún capítulo. Botárona en Canal+ hai un par de anos, chegando até a 4ª temporada. (Pablo)
Skins
Serie británica que segue as vivencias dun grupo de adolescentes. Esta cargada de momentos dramáticos que xiran en torno a unha variedade de temas como o amor, a anorexia, as drogas, a depresión, a promiscuidade ou o narcisismo. Unha serie moi interesante que nos mostra os problemas da xuventude. (Lucía)
House.
Serie norteamericana estreada no 2004.
O personaxe central é o doctor Gregory House, quen está considera un xenio da medicina. Encabeza a un grupo de persoas que se encargan de resolver enfermidades estranas.
O doctor house é unha persoa curiosa, cun humor especial, e sempre sen darse conforme con nada. El é o que fai diferente esta serie e incluso facendote reflexionar en moitos momentos sobre as formas de vida que temos, e os problemas que surxen no dia a dia! (Marta)
The IT crowd
Esta comedia británica, titulada en España como "Los Informáticos", ten a clave do seu humor na parodia de temas relacionados coa infórmatica.
Dous "frikis", expertos en informática, e a xefa deste departamento, e total descoñecedora da materia, protagonizan a serie. A maior parte desta transcorre no sucio e oscuro soto no que "traballan" e no cal lle ocorren cousas do máis peculiar, sempre en clave de humor. Unha comedia para rir durante os vinte minutos que dura cada capítulo e, por que non, reflexionar un pouco nalgúns deles, sobre a sociedade informatizada na que vivimos. (Lucía)
Aquí un anaco do comezo do quinto capítulo da terceira tempada, onde se fai unha crítica sarcástica ás redes sociais:
Como conocí a vuestra madre.
Serie estadounidense donde o protagonista,Ted Mosby, cóntalle os seus fillos como coñeceu a nai deles, o que explica o título.
De momento ten 6 temporadas, aínda que so hai cinco traducidas o castelán. Dura 20 minutos cada capítulo.
É unha serie divertida, onde os personaxes son xente moi curiosa que teñen en conta o valor da amizade, sempre con moito humor. (Marta)
"Tes un día malo? Queres desconectar de todo? Pois aquí tes unha boa recomendación, para rir sen parar. Contén frases que se farán míticas no teu círculo de amigos! Sen dúbida o mellor do mellor!" (Tania)
IN-JUSTICE
Serie norteamericana de 13 capítulos (unha única tempada) que narra as estratexias dun grupo de avogados dispostos a sacar do cárcere aos inocentes inxustamente condenados.
En España titulouse "PROYECTO JUSTICIA".
Interesante trama e acertada reflexión sobre a xustiza.
"Estas cousas pasan, non todo pode ser perfecto, e está ben que vexamos o que sucede" (Jorge Serrada)
"Cada capítulo que vexo desta serie faime pensar en cantos presos haberá no noso país que foron condeados inxustamente e no terriblemente frustrante que debe ser a situación" (Lucía)
"Parece mentira que por primeira vez un profesor nos mande facer ou ver algo que realmente está ben, coma esta serie, que nos mostra as inxustizas que se comenten día a día no mundo, algo que realmente é bastante triste estando no século no que estamos" (Natalia)
"Secundo a opinión de Natalia. Algúns dos capítulos ata case me fixeron chorar! E o peor de todo é que isto pasa na realidade. É admirable as cousas que fan para intentar sacar aos inocentes do cárcere." (Sindy)
"É incrible que a día de hoxe, a xustiza moitas veces falle en casos nos que se condena inxustamente a persoas, e policias que están máis pendentes das súas ideoloxias que de intentar axudar a esas persoas inocentes. Por sorte, existe xente que si está disposta a axudalos e a intentar demostrar a súa inocencia." (Kris G.)
"Existe na realidade un Proxecto Xustiza, para esas persoas inxustamente condenadas? Grazas a recomendarme esta serie, cada vez teño máis claro ó que me quero dedicar. Ademais de ser unha serie para dar a coñecer os erros da xustiza tamén mostra o sufrimento das familias que loitan pola verdade dos seus" (Tania)
"É unha serie moi interesante que me está gustando moito, xa que te fai reflexionar sobre a cantidade de inxutizas que se cometen con moita xente inocente e a cantidade de xente que está disposta a facer o que sexa por axudar."(Cris N.)
"Eu non adoito a ver este tipo de series, pero realmente enganchoume. Penso en toda a xente que estará como os presos da serie. Existe unha xustiza máxima?" (Anamato)
" É unha serie verdadeiramente interesante, que te fai pensar e reflexionar sobre o destrozada que poden estar as persoas que foron, e están sendo, condeadas inxustamente" (Marta)
"Unha serie moi interesante. Faime cavilar sobre os presos inxustamente tratados" (Alberto)
"Non me soen gustar este tipo de series, pero ver como remata e ver que para estes presos aínda existe a esperanza e ainda poden vivir en liberdade, fai que me interese eme guste" (Erea)
"Gústame a serie. Parece mentira que haxa casos tan mal resoltos... Como se dera igual se as persoas prendidas foran culpables ou non. Mais é de salientar que haxa un grupo de xente disposto a mirar polos demais e a axudarlles na situación tan difícil que se atopan." (Pablo)
"Esta é unha serie que recomendo a aqueles que teñan sentido da xustiza e das boas accions; da seguro que te veras identificado con algun personaxe"(Suso)
"Aínda que non acostumo a ver este tipo de serie, esta en especial estame a gustar moito, xa que, aparte da trama, e de vez en cando o humor que ten, fainos cavilar sobre canta xente se pode encontrar na mesma situación, e que inxustas foron con elas.Recoméndolla a todo o mundo"(Lucía Presas)
"Esta serie é moi interesante xa que te fai pensar nas inxusticias que se cometen todos os días condenando a persoas que son inocentes"(Felipe)
Paréceme unha serie moi interesante, xa que relata as inxustizas que por desgracia ocorren cada día.(Mariluz)
DAMAGES
Esta serie, tamén de factura USA, revela os auténticos intereses dos grandes bufetes de avogados, e desentraña as tramas de poder ocultas na sociedade norteamericana.
En España titulouse "DAÑOS Y PERJUICIOS".
Todos temos un lado escuro.
Videos
OBRADOIRO DE VIDEO, CON ACTORES, DIRECTORES E TÉCNICOS SAÍDOS DA ESCOLA DE IMAXE E SON DO COLMEIRO:
Van chegando os proxectos audiovisuais dos eticolmeiros ao seu destino.
Un enigma matemático para pensar:
no seguinte enderezo:
http://www.youtube.com/watch?v=ppZ1IrzKlZ4
Unha estrevista a alumnos e eticolmeir@s falándonos do galego. Non o perdades... (Realizado por Glo, Carla e Xosé)
Unha revisión de todo un clásico na seguinte curta realizada por Enma, Andrea Dunia e Noelia:
"Con saias e ó tolo" from eticolmeiro on Vimeo.
Aquí vos deixamos o corto feito por Ici e Laura. Non vos deixará indiferentes, que grandes actrices!
Nesta sección recomendamos tamén algunhas perlas do noso alumnado máis iluminado que atopamos pola rede.
Non deixes pasar a oportunidade de coñecer as cualidades ocultas dos nosos showmans..
Recoñeces o estudo de gravación??
Non perdas o pequeno "fallo técnico" do final.
Todas as imaxes que recomendemos pretenden ser respectuosas, se atopas algo ofensivo, podes denuncialo en eticolmeiro@gmail.com
Outros videos
Non permitas que nadie che diga que eres incapaz de facer algo. Si tes un soño, debes conservalo.Si queres algo, sal a buscalo e punto, ¿sabes?, a xente que non logra conseguir os seus soños soe decirlles os demáis que tampouco cumplirán os seus.
Sino vas consumir no tocar.
Fotos
SECCIÓN lúdico-festiva que pretende recoller pedaciños de Silleda en jpg. Para velas mellor preme sobre elas.
Foto "Pequenos erros na escrita"
Foto Diríganse a la dirección...
Foto ...No camión unha nova Pommmtevedra:
Música e humor