O videoghit 2011

BASES DO CONCURSO (EDICIÓN 2023):

Concurso de vídeo patrocinado por nós mesmos, alumnado de 1º de bacharelato da materia de ATENCIÓN EDUCATIVA do Colmeiro, para dar a coñecer a música que se fai en galego (ou en calquera variante lingüística da lusofonía, OU EN CATALÁN, OU EN EUSKERA, VALENCIÁ, MALLORQUÍ...)

Pode participar calquera persoa menor de 21 anos de idade, estudante (ou non) de Infantil, Primaria, ESO , Bacharelato, FP e Universidade.

Bases do concurso O VIDEOGHIT Primum videre, deinde philosophare

Obxectivos:

- Dar a coñecer a música que se fai en Galicia en galego (e por extensión, na lusofonía) ou en calquera lingua minorizada do Estado.

- Sacar proveito dos obradoiros audiovisuais dos institutos galegos

- Dar a coñecer o noso entorno xeográfico, persoal e cultural (nas imaxes debe aparecer reflectida a túa localidade ou comarca. Mención especial para os vídeos rodados no Concello de Silleda, que optarán a un premio específico).

- Promover valores como a tolerancia, a convivencia, a interculturalidade, a reflexión, a responsabilidade…

- Poñer de manifesto as contradicións da nosa propia realidade galega, dende unha perspectiva crítica.

Medios:

- Son: (Base musical) unha canción en galego ou portugués (ou en calquera lingua minorizada)

- Imaxe: Nós mesmos, no noso entorno, na nosa realidade e, por extensión, no noso mundo.

Duración máxima: 6 minutos (8 minutos se inclúe extras ou tomas falsas).

Capacidade máxima: 1 Gb (ou subido a youtube, vimeo, etc...)

Formato de presentación: MPEG 2, MPEG 4, avi, etc...

Data tope para enviar os vídeos (ou o seu embed): 1 de maio de 2023.

PREMIOS: TROFEOS PARA OS MELLORES. (Publicadas as categorías de premios na páxina principal).

Remite “embed” a eticolmeiro@gmail.com

TODOS PODEDES PARTICIPAR. ANIMÁDEVOS!

ESTES FORON OS VIDEOGHITS PRESENTADOS NA EDICIÓN 2011 (1ª EDICIÓN DO CERTAME):

1. Interpreta: Quempallou

Tema: Rosiña na Quinta

Reinterpreta: Lucía Presas (eticolmeiro)

Sinopse: Esta canción fai unha crítica sobre a gran sociedade consumista que existe hoxe en día, e sobre o poder que teñen as grandes áreas comerciais en comparación ó pequeno comercio tradicional.

2.Interpreta: Som do galpom

Tema: Antes de pequeno

Reinterpreta: Cris Núñez (eticolmeiro)

Sinopse: A canción fai unha reflexión, e o mesmo tempo unha crítica, de como unha persoa vai cambiando ao longo da súa vida desde a infancia ata a madurez e o orgulloso que se sente o protagonista das súas raíces. Tamén nos fala de como coa sociedade de agora se está destruíndo o medio que nos rodea.

3.Interpreta: Lamatumbá

Tema: Watercumbia

Reinterpreta: Natalia Fdez. Montero (eticolmeiro)

Sinopse: Esta canción aparentemente non ten ningunha reflexión ética. Supoño que cada persoa pode sacar unha diferente, xa que engloba cousas como o consumismo ou a política.

4.Interpreta: Lamatumbá

Tema: Aquí

Reinterpreta: Sindy Gómez (eticolmeiro)

Sinopse: esta canción é unha forma de dicirnos que debemos perseguir o que queremos e non parar ata conseguilo.

5.Interpreta: Lamatumbá

Tema: Camiños

Reinterpreta: Kris Glez. (eticolmeiro)

Sinopse: Non valen excusas para estar parados, é tempo de vivir.

6.Interpreta: Limones

Tema: Ferrol

Reinterpreta: Mariluz Sánchez(eticolmeiro)

Sinopse: Fala sobre un pobo que foi vítima da emigración, e que pese a iso permaneceu sempre no corazón desas persoas que tiveron que deixar a súa terra nai e as súas tradicións por un mundo totalmente descoñecido. A través disto tamén pretende facer unha crítica sobre a mala situación que vive Galicia nese momento.

7. Interpreta: Diplomáticos de Monte Alto

Tema: Esta noite hei d'ir aló

Reinterpreta: Lucía Domínguez (eticolmeiro)

Sinopse: Crítica ó clasismo que deixa ver que cando se trata do amor esquécense esas clases sociais, e así, dúas persoas aparentemente moi diferentes e de mundos distintos convértense no complemento perfecto. Un Romeo e Xulieta moderno e en galego.

8. Interpreta: Diplomáticos de Monte Alto

Tema: Oda ó futbolín

Reinterpreta: Marta Nercellas (eticolmeiro)

Sinopse:crítica a todas as persoas que se pasan horas e horas diante dunha consola podendo facer outras actividades, como xogar unhos ferros!

9- Interpreta: The homens

Tema: Calamar

Reinterpreta: Tania Nogueira (eticolmeiro)

Sinopse: Neste tempo no que todo o noso redor é negativo e incerto, non sería mellor ser un calamar? ou poder fuxir por un desauge? ou poder facer todo o que che gustaría en todo momento?... Pois creo que o imos ter difícil, e haberá que botarlle imaxinación! :D

10. Interpreta: Medomeda

Tema: Quero ver como te ris

Reinterpreta: Erea (eticolmeiro)

Sinopse: Apoloxía do sorriso. Non hai mal que cen anos dure, como transmite esta canción, que nos anima a poñerlle un sorriso á vida.

11. Interpreta: Ataque escampe

Tema: Quero ser o malo da película

Reinterpreta: Marcos F. Fuertes (CEIP Quiroga Palacios)

Sinopse: Quero ser malo, quero falar e escribir en galego.

12.Interpreta: Fany & Alexander

Tema: Vigo ou Berlín

Reinterpreta: Felipe Villamayor (Eticolmeiro)

Sinopse: Somos estudantes dunha nova xeración, que traballará algún día en Vigo, ou quizais en Berlín. O mundo está aberto para nós.

13. Interpreta: La pegatina

Tema: O camareiro

Reinterpreta: Alberto Pereiras (Eticolmeiro)

Sinopse: As penas veñen e van. Despois de toda decepción, hai que mirar para diante e seguir camiñando.

14. Interpreta: Sacha na horta

Tema: Biocultivos

Reinterpreta: Suso Iglesias (Eticolmeiro)

Sinopse: Apoloxía da nosa terra, con todos os seus contrastes.

15. Interpreta: DJ son 1c

Tema: A festa non vai parar

Reinterpreta: Jorge R. Serrada (Eticolmeiro)

Sinopse: Con tanta desgraza que hai na vida, o mellor é saír de festa e pasalo ben, esquecendo todos aqueles males que nos rodean.

16. Interpreta: Aerolíneas Federales

Tema: Non todo é o que parece

Reinterpreta: Nati, Xes, Sandra, Bran e Marta. (Bandeira)

Sinopse: As veces, as cousas non son o que parecen, e todo é máis difícil do agardado.

17. Interpreta: Heredeiros da crus

Tema: (María) O teu fillo fuma porros

Reinterpreta: Pablo Nogueira (eticolmeiro)

Sinopse: As imaxes desta produción non pretenden ser documentais, os personaxes que aparecen son simplemente actores representando unha ficción.

18. Interpreta: RUXE-RUXE

Tema: Amolado

Reinterpreta: Lucía Bibián

Sinopse: Un día espertas... reflexionas... e atopas un mundo cheo de inxustizas, de cobiza, miseria, desigualdades sociais... Un arrepío de tristeza e frustración que se mantén na túa conciencia.

19. Interpreta: Ataque Escampe

Tema: Criptozooloxía aplicada

Reinterpreta: Paula F. Fuertes (CEIP Quiroga Palacios)

Sinopse: Estamos rodeados de animais, algúns deles incluso son humanos.

20. Interpreta: Faltriqueira

Tema: Mariñeiro

Reinterpreta: Xaquín F. (Colexio M. Peleteiro) e Marcos F. (CEIP Quiroga Palacios)

Sinopse: Vídeo documental da última regata do campionato galego de Optimist.

21. Interpreta: Dj Sonic

Tema: Sen ti

Reinterpreta: Yasmín, Rubén, Marta, Laura, Yolanda, Rocío e Lucía.

Sinopse: Así é a xente de Silleda

22. Interpreta: A Banda de Balbina

Tema: Estomballada

Reinterpreta: Esteban, Marcos e Natalia

Sinopse: Así é a natureza silledense e o efecto que produce no ser humano.

23. Interpreta: Tasmanian Devils

Tema: Aí ven Pistón

Reinterpreta: Jacobo, Pablo e Paco.

Sinopse: Aí vai Pistón, por Bandeira.

24. Interpreta: Kogito

Tema: Tipo feliz

Reinterpreta: JuanMa, Ramón, Cris e Lucía.

Sinopse: Non debemos pretender ser iguais que os demais, debemos disfrutar da nosa personalidade e ser felices.

25. Interpreta: Tasmanian Devils

Tema: Aí ven Pistón

Reinterpreta: Brais Gutiérrez, Rubén Lanzó, Amanda Fdez e Suso Iglesias.

Sinopse: Aí vai Pistón, explorando outra parte de Trasdeza.

26. Interpreta: Andrés Do Barro

Tema: O tren

Reinterpreta: Sandra Varela

Sinopse: Aí vai o tren, que me leva pola beira do Miño, como símil da emigración galega.

27. Interpreta: A Banda de Balbina

Tema: Estomballada

Reinterpreta: Tania Couso

Sinopse: A leira pa quen a queira. Temos terra dabondo para traballar, pero...

28. Interpreta: Siniestro Total

Tema: Quen me dera na casiña

Reinterpreta: Alumnado de 3º e 2º de ESO do Colmeiro

Sinopse: A saudade que sentimos os galegos cando imos fóra, nas voces do grupo galego máis coñecido.

29. Interpreta: Sacha na Horta

Tema: Entroido todo o ano

Reinterpreta: Lucía Domínguez

Sinopse: En Bandeira, Entroido!

30. Interpreta: Lamatumbá

Tema: Malas herbas

Reinterpreta: Alba Rodríguez

Sinopse: A situación do agro galego: cheo de malas herbas.

31. Interpreta: NAO

Tema: Desexos

Reinterpreta: José Parada Torres (do IES LELIADOIRA, DE RIBEIRA)

Sinopse: Espectacular festival de entroido, o que celebra o alumnado do Leliadoura.

32. Interpreta: Xil Ríos

Tema: Xirarei

Reinterpreta: Mariluz (Eticolmeiro)

Sinopse: Especial evocación dun clásico da canción galega á luz de Nietzsche.

33. Interpreta: Despe e Siga

Tema: Astro da bóla

Reinterpreta: Equipo alevín do Conxo (promocionado por Marta Nercellas)

Sinopse: Era necesario incorporar un vídeo deportivo. Aquí o temos.

34. Interpreta: Skarmento

Tema: Seguiremos sendo

Reinterpreta: Alumnado de 1º de bacharelato do Colmeiro.

Sinopse: Estamos xuntos, pero todo irá cambiando, paseniñamente. Sempre quedará algo.

35. Interpreta: Heredeiros da Crus

Tema: R-7 (O Jran Batacaso)

Reinterpreta: Órrea, David, Mingucho e Diego R. O.

Sinopse: Son tempos de diálogo para aproximar posturas.

36. Interpreta: Skarmento

Tema: Tempos duros

Reinterpreta: Ana Mato

Sinopse: Lembranzas de amizade, día a día, ano a ano.

37. Interpreta: Lamatumbá

Tema: Na noite

Reinterpreta: Erea Rey

Sinopse: Recoñecedes a noite silledense, coas súas xentes, e a súa alegría.

38. Interpreta: Diplomáticos de Monte Alto

Tema: Coma o vento

Reinterpreta: Tania Nogueira e todos os eticolmeiros

Sinopse: Queremos dicir grazas. Grazas a todos os que estivestes ao noso lado durante este curso.