Teorías éticas e Valores éticos (4º)

Revisamos a ética cos nosos vídeo-traballos:

4º de ESO. Valores éticos.

Os nosos anuncios para cambiar o mundo:

Ética de Sócrates:

Cre nunha orde moral obxectiva e cognoscible.

Afirma insistentemente que é necesario coñecer o ben para poder realizalo.

Aínda diría máis:

coñecer o ben implica practicalo, xa que o ben comporta felicidade e ninguén pode deixar de querer ser feliz.

Intelectualismo moral: ninguén fai o mal a sabendas, o que actúa mal faino por ignorancia.

Ética de Platón:

Concibe a felicidade como xustiza ou harmonía:

a) como harmonía psicolóxica ou anímica, porque debe someter todos os impulsos e desexos á razón

b) como harmonía social e política, porque todas as capas sociais deben estar sometidas ao criterio do filósofo-gobernante.

A felicidade non sería máis que unha especie de saúde -individual e social- e a infelicidade unha forma de doenza.

Ética de Aristóteles

Aristóteles é o filósofo que mellor reflite os presupostos básicas da ética antiga.

O obxecto da ética é acadar a vida boa paro os individuos, isto é, a súa felicidade. A vida boa non pode consistir máis que na autorrealizacion e plenitude da natureza humana, a cal é a dimensión racional do ser humano.

A felicidade máis xenuína é a proporcionada pola actividade intelectual pura.

Só hai unha maneira de ser bo e moitas de ser malo.

O ideal de vida perfecta non é plenamente realizable, xa que o home está constituído por un corpo material.

Ética de Kant

http://filosofia.idoneos.com/index.php/340982

Indica un exemplo da vida real que se corresponda coa proposta kantiana do imperativo categórico:

Perspectivas

Enlace promovido polo alumnado de 4º de ESO da materia Ética e Cidadanía.

Sección dedicada a preparación e repaso de contidos.

Ámbito teórico para unha reflexión sobre a moral.

Somos sentimento e razón.

Nin os nosos sentimentos son puramente irracionais,

nin a nosa razón fría e insensible.

"Somos unha intelixencia sentinte" (Xabier Zubiri, filósofo español).

Autor/es

Epicuro de Samos

Nome da teoría ética

Hedonismo (epicureísmo)

Eudaimonismo

Hedonismo (da aritmética dos praceres)

Hedonismo (praceres inferiores e superiores)

Budismo

Ética discursiva

Formalismo moral kantiano

Explicación

Todos os seres vivos buscan o pracer e foxen da dor.

A felicidade consiste en organizar a nosa vida para acadar o máximo pracer.

A razón moral será unha razón calculadora, dirixida a obter o maior pracer.

A moral consiste na búsqueda da felicidade (eudaimonía, en grego).

A ética ten que descubrir con que criterio hai que vivir para poder lograla.

O pracer pode medirse, porque todos os praceres son iguais en calidade, pero non en cantidade.

Polo tanto, segundo a intensidade, duración, proximidade e seguridade, poderase calcular a maior cantidade de pracer para o maior número de seres capaces de experimentalo.

As persoas deben diferenciar os praceres inferiores e superiores en función das experiencias vividas.

Afirma que é mellor ser "Sócrates insatisfeito ca tolo satisfeito".

Máis vale non estar plenamente satisfeito que contentarse cos praceres que nos asemellan aos animais.

Non é máis feliz o que máis ten, senón o que desexa menos cousas.

A felicidade alcánzase no estado de nirvana, é dicir, cando a alma se libera de todo desexo.

Isto lógrase mediante certas técnicas de meditación, e despois de varias reencarnacións.

O budismo invita a levar unha vida sobria, harmoniosa e virtuosa, sen excesos de ningún tipo.

Propón resolver as cuestións da vida por medio dun diálogo entre os afectados pola norma, e recibirá o nome de discurso.

Todos os participantes teñen que estar igualmente capacitados, e tratar de chegar a un acordo que satisfaga os intereses de todos.

A nosa propia razón é a que nos dá leis sobre como comportarnos para ser persoas auténticas.

Por iso, esas leis mandan sen condicións, non prometen a felicidade a cambio: só prometen realizar a propia humanidade.

A razón práctica orienta a acción de forma incondicionada.

"Obra só segundo unha máxima tal que poidas querer ao mesmo tempo que se torne lei universal".

Imaxe

Aristóteles

Jeremy Bentham

John Stuart-Mill

Buda

Jürgen Habermas e Karl Otto Apel

Kant

Felicidade e benestar.

O filósofo británico Bertrand Russell sinalou, no seu libro A conquista da felicidade, as causas polas que a xente non se sinte feliz:

    • Medo ao aburrimento

      • "Só pensar en ir a clase, xa me fai infeliz" (Suso)

      • "Estar só na miña cama" (Gabriel)

      • "Non atopar ningún amigo" (Antonio)

      • "Non ter cartos para poder saír" (Lucía)

      • "Non ter a quen vacilar" (Óscar)

    • Exceso de competitividade

      • "Non saber perder" (Marta)

      • "Tentar saber quen aguanta mellor o alcol" (Antonio)

      • "Os tíos competindo por ver quen mexa máis lonxe" (Lucía)

      • "O tamaño non importa, ou si?" (Óscar)

    • Tensión

      • "Non ter os deberes feitos" (Antonio)

      • "Unha semifinal de champions" (Gabriel)

      • "Cando che están tocando os eggs seguido" (Óscar)

    • Envexa

      • "Que un amigo teña mellor coche" (Lucía)

      • "Que Ángel saque mellores notas ca min" (Óscar)

      • "Que un amigo vista mellor ca ti" (Laura)

      • "Que outros amigos poidan saír cando queiran, e ti na casa" (Leticia)

    • Sentimento de culpabilidade

      • "Que Óscar saque peores notas ca min" (Ángel)

      • "Cando hai problemas na familia" (Óscar)

      • "Cando fas un simpa nunha tenda ou bar" (Gabriel)

      • "Cando lle fas dano a un amigo" (Lucía)

    • Manía persecutoria

      • "Cando a garda civil te persegue" (Antonio Anónimo Antónimo)

      • "A profe de ____ tenme manía" (Opinión Compartida)

      • "Os gorróns que non te deixan en paz" (Óscar)

    • Medo ao "que dirán"

      • "Saber que os teus pais son primos" (Ángel)

      • "Medo a manifestarte como eres en realidade" (Lucía)