Reflexarte PdB

Reflexarte

A responsable deste Recurso no CEIP Ponte dos Brozos durante o curso escolar 2019/2020 é a mestra Inés González.

Este recurso desenvólvese só no segundo trimestre, no 2º Nivel de Primaria.

Actividades

1º actividade.

Os nenos e nenas de 2º tiñan que falar nas súas casas de calquer tema que lles fora interesantes a eles. Unha vez feita esa ánalise do tema na casa, o expoñían diante da súa clase.

Os temas máis recurridos foron os relacionados có medio ambiente e a morte, ainda que xurdiron moitos outros como son: os nacementos na familia, o acoso escolar, o maltrato animal. Fixéronse grupo, onde o alumnado tiña unha temática común, e logo ese grupo tiña que crear un collage onde todos expresaran os seus sentimentos sobre ese tema, e quedara plasmado no traballo final.

Aquí veredes o produto final e cómo se chegou a el.


2º Actividade

Nesta actividade os nenos e nenas de segundo tiñan que ver tres obras de arte da Fundación Botín. Despois lles fixemos preguntas directas e tiñánnas que contestar por grupos.

Déronse de conta que na arte non hai respostas correctas e incorrectas. As obras podían suxerir diferentes emocións a cada un deles e delas e todo é correcto.