EDUCACIÓN RESPONSABLE
Novas
Tras o peche dos centros debido o COVID-19, a Fundación Botín propón as seguintes actividades.
Qué é?
É un programa da Fundación Botín xunto coa Consellería de Educación que pretende favorecer o crecemento físico, emocional, intelectual e social dos escolares, mellorando a comunicación e a convivencia escolar entre o alumnado, profesorado e familias.
Recursos
O programa de Educación Responsable está dividida en 5 recursos: Banco de Ferramentas, Reflexarte, Lectura e emocións, Literatura, emocións e creatividade e Coro das Emocións.
Banco de Ferramentas
O Banco de Ferramentas é un recurso enfocado tanto para infantil coma para Secundaria, permitindo traballar as competencias personais e sociais.
Dende a Fundación Botín temos accesibilidade aos recursos audiovisuais tanto para infantil como para primaria e tamén para traballar con alumnado con necesidades especiais.
Reflexarte
Este recurso está enfocado para o alumnado de Primaria. Nel, o alumnado pode ver obras e exposicións de artistas, e potenciar así a súa empatía, autoestima e a súa creatividade.
Lectura e emocións
É un recurso deseñado para os máis pequeno, na Etapa de Educación Infantil. Fomenta o desenvolvemento emocional a través da literatura dende a etapa pre-lectora.
Literatura, emocións e creatividade
O alumnado de Primaria, a través deste recurso, pode disfrutar coa literatura e o mesmo tempo, desenvolver a súa creatividade a través das emocións.
O coro das Emocións
A través do canto coral desenvólvese o crecemento emocional, social e creativo.