Lectura e emocións PdB

Lectura e emocións.

Recurso para nenos de Educación Infantil. No CEIP Ponte dos brozos a responsable deste recurso é María García Pita e desevolveuno co alumnado de 4 anos.

Actividades

Na clase de 4 anos apareceu o Mago, o cal traia unhas cartas pegadas a unha variña.

A primeira proposta foi facerlle unha mascota ao Mago e o chamaron "Mago Corazón". A mascota é crocodrilo feito con materiais de refugallo.

Conto Historias de Ratos

Mediante unha nova carta o Mago, enviounos ao rincón de Outono, onde explicoulles que Papá Rato íalle contar 7 contos a os seus ratiños.

Imaxináronse a paisaxe de Outono que habría nese bosque, e fixeron unha mandala cos elementos que lles enviou o Mago, e tamén pintaron un mural que representaría o bosque onde vivías a familia de ratiños.

Realizaron pequenas dramatización das historias do libro e incluso fixeron un novo conto a través dunha nova personaxe... o oitavo Ratiño.

Non te vaias

A través de Catalina, o alumnado de 4 anos expresaron e dramatizaron o que botaban de menos.

A través dunha ficha coa súa foto de cando eran bebés foron buscando tarxetas de tres cousas que deixaron e que xa non botaban de menos (o pañal, o carriño...)

Fixéronse varios talleres sensoriais, a través de caixas que representaban distintas emoscións e tiñan tacto distinto, como por exemplo o ASCO a través dunha tea de araña.

Comezaron o uso do Emocionómetro na aula e ademáis levaban un libro en préstamo durante unha semana que levaba unha ficha onde se rexistraban as emocións que lles producía ese libro.