Banco de Ferramentas PdB

Banco de Ferramentas Infantil

A responsable deste Recurso no CEIP Ponte dos Brozos durante o curso escolar 2019/2020 é a nosa compañeira Ana Sevilla.

Este recurso desenvólvese ao longo de todo o curso escolar, na aula de 4 anos.

No primeiro trimestre Ana traballou, a través de contos, a autoestima, a empatía e a expresión emocional.


Actividades 5º de Infantil

O conto do parruliño feo.

A narración deste conto permitiulle traballar cos nenos e nenas aspectos corporales e de ahí aprenderon a valorar o seu propio corpo a través de pequenas dinámicas: mirarse no espello, describir o compañeiro/a...

A conclusión final foi que todos/as somos diferentes e iso é o que nos fai ser especiais e únicos.

Vídeo, Podemos ser superheroes.

Unha vez realizado o visionado do vídeo, o alumnado tiña que pensar cal sería o superpoder que escollerían. O principio non resultou doado, xa que son moi cativos, pero orientándoos un pouco, conseguiron dicir cualidades reales e que son realmente importantes para a nosa sociedade.

Historia dos bonecos máxicos.

A través desta historia traballan a empatía. Utilizando as dramatizacións, xogos simbólicos, o alumnado ponse en diferentes situacións e falan das súas emocións, sensacións e percepcións.

O xogo final tivo moito éxito entre os pequenos/as, xa que traballaron, de novo, a expresión corporal e facial que permitiu identificar os sentimentos dos demáis.

O rock das emocións

A través do vídeo, fíxose unha asamblea, falando de emocións que son máis compricadas de identificar e que nos custa máis entender aos demáis.

Hasta pronto!

Utilizou esta actividade para relacionala co día de obrigada conmemoración adicado a Violencia de Xénero. Os nenos e nenas tiñan que dicir cousas positivas e agradables aos demáis compañeiros/as.

O parruliño está triste

Os nenos expresaron os seus medos e emocións, e aproveitouse a actividade para reflexionar sobre feitos reais. Ademáis encantoulles o xogo do espello, onde cada neno/a tiña que representar unha emoción.


No segundo trimestre actividades vinculadas ao desenvolvemto cognitivo.

Estou nas nubes

Esta actividade tiña como obxectivo pasar progresivamente dunha actividade motora intensa a unha de menor intensidade, chegando así a relaxación. Facíase fincapé en conectar o corpo coa mente.

Mago... estás?

Unha actividade para traballar o autocontrol e a expresión de emocións e a percepcións que eles teñen, e que a veces as mestras non somos conscientes.

Non sei cal me apetece máis!

A través desta actividade, puídose apreciar tres grupos de alumnos/as: os que teñen pouca seguridade e confianza por mor a equivocarse, os que se frustan porque non saben que elexir e por último os que teñen plena seguridade en sí mesmos. Despois deste análise da aula, traballouse con eles estes aspectos, e así aprender uns dos outros.

Fai ben sen mirar a quen

Traballaron a empatía e crearon estratexias para que os nenos poidan tamar decisións sendo conscientes de que a súa decisión pode influir ou repercutir nos demáis.

A través destas reflexións, decidiron facer unha asamblea diaria onde traballarán os conflitos dos día a día, tomalo como unha rutina necesaria dentro da aula.

Eu prefiro leite.

Traballaron a prevención da saúde, falando das cousas perigosa que non deben tocar ou inxerir , pero tamén no caso de que o ocorrera o qué tiñan que facer.

Come todo, come con coidado

Todo o traballado anteriormente viuse reflexado nesta actividade, os nenos están máis concienciados sobre os alimentos que son máis saudables e calen son os alimentos que non poden abusar.

Fixeron un xogo, onde se reforzou a súa autoestima ademáis de traballar a colaboración, participación e comunicación tan importante como é nesta etapa da educación.

Velaquí tedes unha pequena mostra do traballado no Banco de Ferramentas en Infantil

Banco de Ferramenta Primaria

A responsable deste Recurso no CEIP Ponte dos Brozos durante o curso escolar 2019/2020 son as nosas compañeiras Mónica Sanjurjo e Pepa López

Este recurso desenvólvese ao longo de todo o curso escolar, na aula de 3º de Primaria e de 6º de Primaria.

No primeiro trimestre, Mónica e os seus alumnos/as de 3º fixeron as seguintes actividades.

Actividades 3º Primaria.

Hai algo que podas facer tí.

Primero realizaron o visionado do vídeo. Logo realizaron un debate que consistía nunha análisise do vídeo que viron, axudados por diferentes preguntas abertas que se lles formularon, usando a técnica grupal da roda.

Por último plasmamos en dúas cartulinas, unha titulada "Qué podo facer eu?" e a outra "Qué podes facer ti?", onde cada alumno/a plasmaba o importante que é dentro do grupo.

Gracias a esta actividades traballouse aspectos tan importante como é a convivencia dentro da clase, o papel de cada alumno para a resolución de problemas... e decatarse que todos somos importantes no grupo.

Unha barriña con un puntiño

A través do visionado do vídeo e análisis do mesmo con preguntas abertas e coa técnica de tormenta de ideas, fixeron a explicación do baremo de cualificación, centrándose e potenciando a importacia do éxito e do esforzo

Aplicouse a realidad do vídeo a á súa propia, para entender que todos podemos mellorar, a autoestima é a base para seguir adiante e conseguir o que conseguiu a nena do vídeo, a resiliencia.

Deuses e seres vivos.

Fixeron a lectura da lenda e a súa análise a través de preguntas abertas. Fixeron tamén un recoñecemento das cualidades de diferentes seres vivos, e por último fixeron o xogo das palabras, primeiro en pequeno grupo e logo en gran grupo.

A través deste actividades puideron completar coñecementos có dado na materia de ciencias naturais e ampliar o seu "vocabulario emocional".

Oidos ben atentos e ollos ben abertos.

Comenzaron vendo o vídeo para analizalo, despois falaron das diferentes conductas que observamos.

Aproveitouse para explicarlles diferentes situacións nos que eles tiveron empatía, preocuparonse por algo que lles ocorría aos demáis.

A desgracia do Eco

Primeiro realizaron a la lectura e logo a comentaron en gran grupo. Despois realizaron o xogo das dúas frases para que eles expresasen como se sintían e por último realizaron unha actividad extra: colocaron en cada espalda do alumno/a un papel pegado, nel, o seus compañeiros/as tiñan que escribir un adxectivo positivo que os definise.

Despois analizaron como se sintiron mentras realizaron a actividade e despois cuando puidiron ler as mensaxes dos seus compañeiros e compañeiras.


Velaquí tedes unha pequena mostra da actividade.

Dime que me queres

Fixeron un listado de tódalas emocións que coñecemos e de diferentes ferramentas para chegar á conclusión que as emocións son ferramientas que teñen un uso concreto e adecuado dependendo das situacións ao igual que tódalas ferramientas de traballo.

Despois do visionado do vídeo comentaron o importante que é para todos saber facer un uso adecuado das diferentes emocións.

Comezo do 2º Trimestre


Ícaro e Dédalo.

Fixeron unha lectura da adaptación do mito grego, logo o alumnado reflexionou sobre a actitude de Ícaro e a do seu pai Dédalo.

Despois abriron un dialógo sobre situacións onde eles tiveran unha actitude parecida a de Ícaro e se se equivocaron calen foron as consecuencias.

Derónse de conta que a maioría das veces o faio está na falta de autocontrol e que é algo que deben mellorar na súa conducta.


Dame medo

A actividade comezou cun diálogo onde o alumnado expuxo os seus medos e como intenta xestionalos, afrontalos.

Logo viron un vídeo e abriuse un debate analizando as condutas vistas no vídeo, logo propuxeron solucións adecuadas para cada unha delas.


Xa está aquí.

Despois do visionado do vídeo fixeron unha análise do seu tempo libre, separando o ocio activo e pasivo. Despois fixron un planning de venres, sábado e domingo en grupos de 4 alumnos/as e analizaron tódalas posiblidades que tiñan.


Responsabilidade

Despois do visionado do vídeo e definir e comprender o que é a responsabilidade, o importante que é para eles e para os demáis, fixeron unha dinámica na que o alumnado se lles expoñía diferentes situacións coa decisión tomada e debían completar as consecuencias de esa toma de decisión.


Pepa López desenvolveu as seguintes actividades no primeiro trimestre no nivel de 6º.

Actividades 6º Primaria.

Son demasiado normal.

A actividade comezou cunha charla sobre as ventaxas e inconvintes de ser "normal", o alumnado expoñía a normalidade como un fin de acadar a aceptación de grupo.

Despois fixeron unha visulización dun vídeo e o alumnado decatouse que a normalidade no é algo tan positivo.

A sesión rematou cunha actividade escrita onde tiñan que escribir as súas cualidades polas eles e elas se consideran únicos.


Alike.

Comezaron a activiade coa visualización dun vídeo na que se planteaba a creatividade como un facer cousas de maneira distinta.

Completouse a actividade cunha actividade de plástica sobre o tema, escollendo eles o material. Logo expuxéronse os traballos para que toda a clase os puidera contemplar ( soen ser algo reticentes pero nesta actividades todos quixeron expoñelo).


Si eu fora tí.

A actividade comezou cunha audición e lectura dunha canción. Unha vez interiorizado o que dicía falaron das distintas realidades que teñen algúns nenos/as do reto do mundo.

Despois da escoita e da reflexión, todos sentíronse moi afortunados da súa propia situación.


Zapping

Comezaron a actividade cun vídeo, onde os alumnos/as foron moi críticos. Todos/as sacaron a mesma conclusión, non importa o aspecto das persoas, cada un ten que vestir como lle apeteza, e ninguén debería facer sentir mal aos demáis por facelo.


Perdóname.

Primeiro escoitaron e leron unha canción. Identificaron que era unha canción de amor, e comezaron a súas preguntas...

Na seguinte sesión escribiron unha carta persoal pedindo perdón. Foi unha actividade de reflexión, chea de sentimentos onde os alumnos/as puideron reflexar por escrito situacións concretas e tiñan a oportunidade de entregar esa carta ao destinatario/a.


El sur

Foi unha actividade compricada, xa que lles costou comprender o fragmento do vídeo exposto na clase. Por iste motivo, comezouse na análise da imaxe do fragmento e como o director intenta transmitir os sentimentos de cada personaxe.

Na seguinte sesión reflexionaron sobre os seus sentimentos e como lles pode influir aos demáis dependendo de como os expresemos. Tamén falaron de como podemos mellorar a nosa comunicación cós demáis.


Comezo do 2º Trimestre


Controla ese mal humor

Comezaron a sesión facendo unha pequena representación, onde dous alumnos/as mostraron unha actitude negativa frentre ao outro. Logo reflexionaron sobre as palabras, xestos, actitudes que temos cando estamos de mal humor.

A continuación viron un vídeo e logo buscaron modos de actúar ante o mal humor usando o vídeo como base.

Por último fixeron unha reflexión de como podemos e debemos aplicar estas actitudes no caso de que estemos de mal humor ou os demáis estén de mal humor.


O alfareiro

Esta actividade resultoulle moi compricada xa que non entendían moi ben o vídeo exposto na clase. Tivéronno que visualizar tres veces para comprender a historia. Unha vez explicada, tiveron que identificar situación onde a constancia conduciría a consecución dos obxectivos.


Decídete.

Despois de ver o vídeo os alumnos poñénse no lugar dunha personaxe que ten que elexir un refresco e dar os motivos.

En moitas ocasións esa elección viña dada pola necesidade de conectar cun grupo de persoas. Xurdiu o debate sobre a necesidade de elexir sobre o que realmente queremos nós e non o nos identifique cós demáis.