Literatura, emocións e creatividade PdB

Literatura, emocións e creatividade.

Este recurso foi levado a cabo pola mestra Verónica Barreiro ao longo do primeiro trimestre polos alumnos de 4º de Educación Primaria.

Actividades

O homiño de papel.

A primeira actividade antes de comezar a o ler o conto, foi crear os seus propios homecillos de papel e o fixeron con papel de xornal. Unha vez rematado inventaron unha vida para eses homecillos ( nome, idade, lugar de nacemento, profesión...) e o presentaron o resto da clase.

Logo Verónica fixo o mesmo co seu homecillo de papel, pero mostrándolle o conto que ían a traballar...

A seguinte actividade foi a Lavadora .

Tiñan que pensar cousas que lles puxeran tristes de dicir o por qué. Primeiro tiñan que facer unha reflexión individual e logo cubrir un pequeno cuestionario, e logo fixeron unha posta en común.

Sairon cousas moi interesantes (pérdidas de seres queridos, as faltas de respeto, a oscuridade, a soedade...).


Inicios de cada palabra.

Tiñan que formar palabras diferentes usando os inicios d cada letra. Buscaron palabras relacionadas coa lectura e a utilizaban para traballar valores e os tipos de palabras (nomes, adxetivos...)

Unha historia bonita

Tiveron que inventar historias para que o homecillo de papel puidera contarlle aos seus amigos e amigas. De este modo traballaron a creatividad e plasmaron os seus pensamentos de forma escrita, tendo en conta normas gramaticais, secuenciación...

Carta ao autor

Unha vez traballado o conto, escribiron unha carta ao autor, Fernando Moreno, para que expresaran a súa opinión do libro e o que aprenderon con el. Ademáis na súa carta facíanlle unha pregunta directa ao autor. De esta maneira traballouse o ser agradecido cos demáis e aprender a dicir as cousas boas que nos aportan.

Poesía

Utilizaron a poesía de Gloria Fuertes para que o homecillo de papel poidese empaparse de cousas bonitas que ten esa paisaxe. Ademáis aproveitouse para traballar a poesía e as descripcións de paisaxes.

Escaleira solidaria

Traballouse como un xogo de forma grupal para dar por zanxado esta aventura do Homiño de papel