O grupo de traballo Wisibilízalas no centro está formado por tres equipos de traballo: ArteixoStem, MulleresdaPonte e ArteixoenFeminino. Cada equipo dedicouse a coñecer, entrevistar e visibilizar a un grupo de mulleres baixo a coordinación dun equipo de mestras formado por:
- Verónica Iglesias Fustes
- Silvia Aguión Comas
- Paula Vázquez Bermúdez
- Raquel Enríquez Da Palma
- Iria Garrido Salgado
- Miriam Pardo Carneiro
- Ximena Vázquez Ortolá
- Begoña Codesal Patiño
O equipo ArteixoStem, levou a cabo as seguintes tarefas:
Alumnado:
- Redacción do correo electrónico para contactar coas mulleres
- Elaboración das preguntas para as entrevistas.
- Entrevista ás protagonistas.
- Creación de materiais e recursos complementarios para o proxecto:
- Creación de carteis e láminas para difundir nas RRSS
- Creación de traballos usando Realidade Aumentada para visibilizar as mulleres do equipo e a súa traxectoria ( A través do Cubo Merge)
- Extraer información das entrevistas para a páxina Web.
- Extraer información das entrevistas para postear en RRSS
- Elaboración da ficha descriptiva de cada unha das protagonistas.
- Colaboración na realización da páxina Web.
Profesorado:
- Contactar coas mulleres protagonistas.
- Supervisión e axuda ao alumnado na realización das súas tarefas.
- Deseño, elaboración e publicación da Web.
- Grabación, edición e publicación dos vídeos e das imaxes.
- Difusión en Redes Sociais
AGRADECEMENTOS
- Á comunidade educativa do CEIP Ponte dos Brozos pola difusión en RRSS do chamamento realizado polo centro solicitando colaboración neste proxecto. Máis de 230 veces compartido no grupo de Facebook.
- Aos compañeiros e compañeiras do CEIP Ponte dos Brozos polo apoio tanto persoal como a través das redes dinamizndo o proxecto.
- Ás protagonistas desta web que nos atenderon tan amable e desinteresadamente, compartindo a súa experiencia, o seu tempo, e conseguindo crear situacións inolvidables e moi proveitosas co alumnado e co profesorado participante.
- Ao alumnado que fixo un extraordinario traballo e que participou activamente en todos os desafíos propostos superando as previsións iniciais.