María Rosa Cambeiro Alonso naceu o 8 de xaneiro de 1980, natural de Riaño - Langreo (Asturias).
Agora mesmo Rosa é Técnico no departamento de Proxectos dunha empresa con aproximadamente unhas 750 persoas e traballan en todo o mundo.
Aínda que os seus comezos foron como xefe de obra, viaxando constantemente, agora mesmo, sendo nai de dúas rapazas, Carmen e Mar, o seu traballo debe ser máis organizado en canto a horarios e lugar de traballo, polo que agora adícase a orzamentar os traballos que os xefes de obra executarán.
Un xefe de obra é unha persoa que, cun orzamento e un proxecto, contrata e dirixe a tódolos traballadores da obra para que ésta se remate conforme ao proxecto (planos) e ao orzamento enviados.
Ela, agora, segundo o proxecto que lle dan ou que ela realiza, ponlle o prezo que custará a obra.
Rosa dinos que lle encanta o seu traballo e o disfruta moito.
Dende pequena quíxose adicar a algo relacionado coa arquitectura, construcción... Sempre lle gustou moito debuxar e crear cousas: manualidades, Legos...
Como anécdota nos conta que cuns 8 anos, ía paseando co seu pai e pararon a ver unha obra. Alí, un obreiro cargaba a formigoneira con cemento e area, e Rosa preguntoulle a seu pai:
"Papá, cómo sabe cuántas paladas de cemento y arena tiene que echar en la hormigonera?"
E seu pai respostou: "Rosa, tienen un libro de recetas como los de cocina para saber eso."
Naquel intre Rosa soubo que tiña que coñecer o libro de cociña do formigón!
Rosa estudou na Universidade de A Coruña, onde eran unha minoría importante de mulleres e a entrada ao mundo laboral non foi doada, pero...
"Vale más un quiero, que 100 veces puedo."
Plano do Fun Square de Marineda.
DATOS ACADÉMICOS
Arquitecto Técnico en Execución de Obras na Escola Universitaria de Arquitectura Técnica de A Coruña (Marzo 2003).
Técnico Superior en Prevención de Riesgos Laborales na especialidade de Seguridade no traballo con titulación pola Generalitat de Cataluña.
EXPERIENCIA PROFESIONAL
Marzo 2016-actualidade: Técnico en Dpto. de Proxectos en Grupo Ramón García.
Xulio 2013- Marzo 2016: Colaboración en tarefas de contabilidade, facturación, medicións, chequeo albaranes, deseño en empresa de montaxes industriais.
Xullo 2011- Xaneiro 2013: Técnico de estudos e Xefe de obra en Incoga Norte, S.L.U. (Realización de orzamentos, certificacións e facturación de traballos realizados en locais comerciais en toda Europa, para empresa textil líder no sector)
Xaneiro 2010- Febreiro 2011: Xefe de obra e colaboración en licitacións en Construccións en Piedra Sigrás, S.L.
Marzo 2005-Decembro 2009: Xefe de Obra na empresa constructora Cuadernas y Arcos, S.L.
Febreiro 2004/ Marzo 2005: Responsable do Departamento de Medicións de Fadesa Inmobiliaria, S.A.
Marzo 2003 / Febreiro 2004: prácticas no Departamento de Medicións de Fadesa Inmobiliaria, S.A.
Novembro 2002 / Marzo 2003: becaria no Departamento de Medicións de Fadesa Inmobiliaria, S.A.
Xuño 2002 / Setembro 2002: becaria no estudo de Arquitectura J.M.M. en Arteixo (A Coruña) colaborando na execución de Proxectos de Execución, trámites en Concellos...
Setembro 2000/ Xuño 2001: clases particulares de Primaria e Secundaria a domicilio.
OBRAS PARTICIPADAS
• 46 viv. no Polígono de Fontiñas en Santiago de Compostela como Axudante de Xefe de Obra (CUADERNAS Y ARCOS, S.L.)
• 52 viv. en Cancelas-Mallou en Santiago de Compostela facendo traballos de Postventa (CUADERNAS Y ARCOS, S.L.)
• 36 viv. en Mesoiro en A Coruña haciendo trabajos de Postventa (CUADERNAS Y ARCOS, S.L.)
• 40 apartamentos turísticos na urbanización Porto Avieira en Sigüeiro-Oroso como Xefe de Obra. (CUADERNAS Y ARCOS, S.L.)
• Rehabilitación no Centro Cívico de Labañou en A Coruña para el Concello de A Coruña como Xefe de Obra. (CUADERNAS Y ARCOS, S.L.)
• Rehabilitación da Casa Museo de Casares Quiroga na Rúa Panaderas en A Coruña para o Concello de A Coruña como Xefe de Obra. (CUADERNAS Y ARCOS, S.L.)
• Sustentación da vía do tren na Rúa Joaquín Planells mediante muros pantalla, pilotaxe e anclaxes en A Coruña como Xefe de Obra. (CUADERNAS Y ARCOS, S.L.)
• Reforma das oficinas de Cuadernas y Arcos, S.L. en A Coruña como Xefe de Obra. (CUADERNAS Y ARCOS, S.L.)
• Oficina para promotora inmobiliaria Edicasla-Copromar en Perillo (Oleiros) como Xefe de Obra. (CUADERNAS Y ARCOS, S.L.)
• Edificio 72 viv. en Miño-A Coruña como Xefe de Obra. (CUADERNAS Y ARCOS, S.L.)
• Pavillón e edificio de visitas no Dolmen de Dombate (Borneiro- Cabana de Bergantiños) (CONSTRUCCIONES EN PIEDRA SIGRÁS)
• Ampliación e cuberta do pavillón polideportivo de Cabana de Bergantiños. (CONSTRUCCIONES EN PIEDRA SIGRÁS)
• PROMOCIÓN DE VIVIENDAS EN NOVA FRIBURGO (BRASIL) (INCOGA NORTE, S.L.U.)
• Pechamento sala de caldeiras de El Corte Inglés de Avenida Diagonal 617, Barcelona (INCOGA NORTE, S.L.U.)
• Parking exterior Eroski Center de Acea da Ma-Culleredo (INCOGA NORTE, S.L.U.)
• Erosky City en Lestedo (INCOGA NORTE, S.L.U.)
• Deseño, decoración e reforma de Bar Bitácora en Santa Cristina (Oleiros) (INCOGA NORTE, S.L.U.)
• Deseño, decoración e reforma de La Lata Burguer Bar en Arteixo (A Coruña)
FORMACIÓN COMPLEMENTARIA
• Marzo 2003. Cimentacións especiais (20 horas). Plan de formación Fadesa Inmobiliaria
• Decembro 2003. Xerente de pequeno comercio (40 horas). Confederación de Empresarias de A Coruña.
• Outubro 2003 – Xaneiro 2004: “Gestión Económica y Financiera”, (68 horas) título outorgado pola Asociación de Empresarios de A Coruña.
• Maio 2004. Técnicas de comunicación escrita (20 horas). Plan de formación Fadesa Inmobiliaria.
• Maio 2004. Instalacións en edificios (20 horas). Plan de formación Fadesa Inmobiliaria
• Xuño 2004. Inspección de obra de pechamentos e cubertas (8 horas). Bureau Veritas
• Xuño 2004. Análise de problemas e toma de decisións (20 horas). Plan de formación Fadesa Inmobiliaria
• Outubro 2004. Seminario de carpintería de PVC (5 horas). Asociación Ventanas PVC. Colexio Aparelladores e Arquitectos Técnicos de A Coruña
• Novembro 2004. Estrés e Autocontrol (20 horas). Plan de formación Fadesa Inmobiliaria.
• Novembro 2004. Inspección Técnica de Edificios (35 horas). Colexio Aparelladores e Arquitectos Técnicos de A Coruña
• Decembro 2004. Xestión de proxectos (60 horas) Confederación de Empresarios de A Coruña
• 2004: Técnico Intermedio en Prevención de Rixcos Laborais na Fundación Laboral da Construcción en Galicia, con titulación pola Xunta de Galicia.
• 2005: Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais na especialidade de Seguridade no traballo coa titulación pola Generalitat de Cataluña.
• Xuño 2006: Xornadas informativas Código Técnico da Edificación (Colexio de Aparelladores de A Coruña) (32 horas).
• Xaneiro 2007: Curso de Especialización en Xestión do Código Técnico da Edificación pola Universidade de Coruña (160 horas).
IDIOMAS
• Galego: Nivel alto (vivindo en A Coruña dede os 2 anos)
• Inglés: Nivel medio
OUTROS DATOS DE INTERESE
Capacidade de organización e traballo en equipo.
Facilidade para as relacións persoais.