Dende pequena, mostrou unha gran paixón polas matemáticas e a bioloxía, escollendo a rama de ciencias no instituto. Durante os seus estudos universitarios, foise especializando en Algoritmia e Seguridade.
Cando rematou os seus estudos, adicouse a opositar a funcionaria do Estado no corpo de Xestión e Sistemas da información, profundizando na súa especialidade, posto que é un campo de continuos cambios e precisa un estudo continuo.
Para poder ler a documentación técnica e intercambiar opinións cun círculo máis amplo de expertos, perfecionou o seu nivel de inglés.
Aprobada a oposición, obtivo a plaza no Ministerio de Xustiza, na Subdireción Xeral de Novas Tecnoloxías, onde continua traballando dende o ano 2010. Concretamente ocupa o seu cargo en CiberSeguridade, adquirindo coñecementos para chegar ao seu cargo actual: xefa dos servizos de seguridade perimetral e auditorías de seguridade.
Cada día continua máis namorada do seu traballo, posto que non só aprende cada vez máis, senon que se sinte orgullosa de liderar proxectos que axudan a mellorar a Xustiza española e protexer o máis valioso que ten: a información.
Colabora tamén noutros proxectos que apoian o intercambio de información e a cooperación xudicial entre todos os países europeos.
Nome e apelidos: Susana de Vicente Mayor.
Formación e traxectoria laboral:
2003-2009: Enxeñaría Informática na Universidade Autónoma de Madrid.
2010 ata a actualidade: xefa dos servizos de seguridade perimetral e auditorías de seguridade na SGNTJ - Subdirección Xeral de Novas Tecnoloxías da Xustiza
Perfil en LINKEDIN:
https://es.linkedin.com/in/susana-de-vicente-mayor-3788ba5