Eva Fariña Palleiro naceu o 19 de setembro de 1989 e é natural e veciña de Arteixo.
A súa etapa de estudante comezou aos 4 anos no CEIP Ponte dos Brozos de Arteixo, por aquel entonces chamado CEIP Almirante Carrero Blanco, no que rematou os seus estudos primarios antes de estudar a ESO no IES Manuel Murguía e o Bacharalato Tecnolóxico no IES de SABÓN.
En 1º y 2º de primaria, tendo como profesor a Armando descubríu o ben que se lle daban e o que lle gustaban as matemáticas. Armando organizaba diferentes “concursos” que lles servían para motivalos na lectura ou para aprender a táboa de multiplicar. Nunca obtivo tantos diplomas coma naquela época! Pero non só ela, todos os seus compañeiros foron recoñecidos nalgún momento. Cada venres facían o concurso de cálculo mental, que consistía en resolver operacións matemáticas “de cabeza” e dar o resultado correcto no menor tempo posible. Ela gañou aquel concurso, a pesar de que algúns dos seus compañeiros non llo puxeron nada doado, e de que digamos que era “pouco habitual” que fora unha rapaza a que destacara en matemáticas, "estabamos máis acostumados, digamos que “mal acostumados”, a que as nenas destacaran en poesía e literatura, pero non en matemáticas ou ciencias..."
Tralo paso pola Educación Primaria, xa na ESO, tivo o primeiro contacto coas asignaturas de Tecnoloxía e Ciencias (Física, Química, Bioloxía…) e, como dende pequena lle gustaba saber “o por que das cousas” e dábanselle ben os números e as ciencias en xeral, decidiu que estudaría o Bacharelato Tecnolóxico para estudar logo unha carreira de Enxeñaría.
No Bacharelato Tecnolóxico, onde aprendeu coñecementos de electricidade, do comportamento dos materiais e xeneración da enerxía entre outras cousas, estudiou nunha clase dunhas 25 persoas, na que soamente 3 eran rapazas. Ela, unha delas, obtivo a única mención de Matrícula de Honra cunha media de sobresaínte no seu currículum académico.
Xa na universidade, nun curso no que só eran 12 rapazas de 125 matriculados, fixo moitos amigos cos que sempre se sentiu moi a gusto e totalmente integrada.
A carreira que estudou, ensínache, entre outras cousas a:
- Deseñar, desenvolver e usar máquinas e procesos mecánicos.
- Deseñar e programar instalacións de refrixeración, calefacción e ventilación.
- Calcular e deseñar estruturas e instalacións industriais.
- Calcular e deseñar instalacións de fluídos e térmicas.
- Calcular e diseñar instalacións de enerxías renovables.
Ao finalizar a carreira de "Ingeniería Técnica Industrial Mecánica", decidiu realizar un máster en "Energía y Sostenibilidad", onde no ano 2011, a proporción homes-mulleres, seguía estando moi descompensada.
Á vez que cursaba o máster, a principios de 2012 comezou a traballar nunha empresa de Enxeñaría. Tiña 22 anos e non parou dende entonces.
A empresa onde comezou a traballar, e na que está actualmente, é unha empresa de "Ingeniería, Arquitectura y Consultoría" especializada en grandes proxectos industriais e enerxéticos.
Durante todos estos anos que leva traballando realizou diferentes proxectos, entre os que destaca os seguintes:
- Desenvolvemento de proxectos de mellora de fiabilidade do suministro eléctrico en centros industriais.
- Desenvolvemento, coordinación e xestión de proxectos de instalacións industriais.
- Deseño e seguimento de execución e posta en marcha de proxectos de automatización para distribución de produtos textiles, empleando diferentes tecnoloxías innovadoras e robots.
- Simulacións e estudos de procesos industriais e loxísticos empleando software de deseño e simulación 3D.
- Certificacións enerxéticas e de sostenibilidade de edificios e instalacións industriais.
- Análise de eficiencia enexética para desenvolvemento de aplicacións automatizadas de análise de datos.
- Coordinación, xestión e monitorización de proxectos industriais en diferentes países.
Empezou a traballar, en primeiro lugar para realizar as prácticas do máster que estudou. Despois dun par de meses, comezou o seu periodo de becaria dentro da empresa e pouco a pouco lle foron dando cada vez máis responsabilidades, de forma que dende os 23 anos realizaba seguimento e coordinación de proxectos en obras de instalacións industriais, á vez que as calculaba e proxectaba. Con 25 anos recén cumpridos, foise a Alicante, onde viviu 3 anos, para realizar un proxecto de enxeñaría loxística nun gran centro de distribución de calzado e accesorios dunha multinacional textil. Aos 28 anos lle ofreceron volver á empresa de Enxeñaría onde comezou a traballar para formar un novo departamento e xestionar proxectos en diferentes países do mundo.
Actualmente é directora da área de Intraloxística e Operacións da empresa e coordina un equipo de personas para levar a cabo os proxectos.
A pesar de que cada vez hai máis mulleres no sector no que ela traballa e que na súa empresa hay unha representación feminina maior ao 35%, onte mesmo tivo unha xornada de traballo na que era a única muller nun grupo dunhas 18 persoas, algo bastante habitual no seu día a día.
EXPERIENCIA LABORAL
Novembro 2017 – Hoxe
POSICIÓN: Directora de Área de Intraloxística e Operacións.
RESPONSABILIDADES: Coordinación de equipos de traballo e xestión de proxectos de implantación loxística e consultoría.
PROXECTOS DESTACADOS:
-Estudos, deseños de laiouts e cálculos de necesidades operativas en centros e-commerce do sector retail.
-Deseño de sistemas loxísticos. Novos desenvolvementos para fabricación de sistemas de almacenaxe e manipulación de mercancía.
-Consultoría e Project monitoring en desenvolvementos loxísticos internacionais.
Implantacións loxísticas en USA, Brasil, Francia, Italia, UK, Polonia, Australia, China, India e Xapón.
-Redación de especificacións técnicas de edificios e instalacións loxísticas.
-Asistencia en procesos de tendering de instalacións loxísticas.
EMPRESA Instra Ingenieros S.L.
Xullo de 2015 – Novembro 2017
POSICIÓN: Project Manager - Ing. Loxística Tempe Inditex Group
RESPONSABILIDADES: Xestión e coordinación de proxectos.
- Planificación e control económico de proxectos.
- Seguimento de execución de instalacións loxísticas
- Coordinación e seguimento de PEM da instalación
-Deseño de layouts del almacén
- Estudo de procesos e operativas (productividade e ergonomía)
- Deseño y revisión de laiouts da instalación loxística
-Coordinación equipo técnico
- Xestión equipo técnico humano
-Metodología e Estandarización
- Creación de estándares de calidade e fiabilidade da instalación e execución do proxecto
-Mellora continua
- Realización de estudos e líneas de traballo para aa reducción de costes do negocio e optimización da instalación.
PROXECTOS DESTACADOS
- Deseño e seguimento de execución e PEM do sistema de almacenaxe e preparación de pedidos. Integración de sistemas de almacenamiento automático tipo mini-load e multishuttle, clasificadores automáticos e conveyors convencionais e aéreos.
- Implantación de RFID en centro de distribución para control de recepción e expedición de mercancía.
- Estandarización de elementos da mecanización adaptada ao produto do centro.
- Desenvolvemento de sistema para medición de volumetría de obxectos irregulares, proxecto de mellora de densidade no envío.
- Desenvolvemento de especificacións técnicas e deseño de máquinas auxiliares a medida para operacións loxísticas.
EMPRESA Electrónica e Mantenimiento BAMA S.L. (Persoal externo TEMPE Inditex Group)
CURRíCULUM VITAE | Eva Fariña
Xuño de 2012 - Xullo de 2015
POSICIÓN Enxeñeiero Técnico - Oficina Técnica e DF
RESPONSABILIDADES:
-Redacción e cálculos de proxectos de instalacións
-Dirección de proxecto en obra
-Seguimento de proxecto co cliente
-Xestión de trámites administrativos legalizacións
-Certificacións enerxéticas e de sostenibilidade
PROXECTOS DESTACADOS
- Implantación de sistema loxístico para almacenaxe e distribución. (Silo automatizado)
- Proxecto de mellora de fiabilidade do suministro eléctrico en plataforma loxística. Redeseño de rede de distribución e novas dotacións de centros de transformación, sistema de xestión e suministro de emerxencia en MT.
EMPRESA Instra Ingenieros S.L.
Xuño de 2010 - Outubro de 2010
POSICIÓN: Oficina Técnica Mecanizados
RESPONSABILIDADES: Prácticas de formación. Seguimento de proxectos en oficina técnica e obradoiro.
EMPRESA HROS. de Ignacio de la Iglesia S
Educación e formación
Setembro de 2011 - Xullo de 2012
TÍTULO: Máster Universitario en Enerxía e Sostenibilidade
ESTUDOS PRINCIPAIS: Instalacións enerxéticas industriais e renovables.
Realización de PFM en Instra Ingenieros S.L.
INSTITUCIÓN Universidade de Vigo
Setembro de 2007 - Marzo de 2012
TÍTULO Enxeñeiro Técnico Industrial esp. Mecánica
ESTUDIOS PRINCIPAiS
- Deseño, desenvolvemento e uso de máquinas e procesos mecánicos.
- Deseño e programación de instalacións de refrixeración, calefacción e ventilación.
- Cálculo, construcción e mantemento de estruturas e instalacións industriais.
- Realización de proxecto (PFC) no ámbito das enerxías renovables.
INSTITUCIÓN Universidade de Vigo
Ás alumnas e alumnos de 4oD E.P. do CEIP Ponte dos Brozos:
Antes de nada, quero felicitarvos pola entrevista do pasado venres, noraboa polo TRABALLO
realizado e a vosa ACTITUDE de atención e respecto. ¡PARABÉNS!
En segundo lugar, ¡GRACIAS! Para min foi moi especial, e espero que así fora para vós tamén.
Gracias tamén a Iria, a vosa mestra, e todo o equipo que colabora no proxecto.
Hoxe é domingo 8 de marzo e, como saberedes, celébrase o día internacional da muller. Ogallá
que cando vós cheguedes á miña idade, este día sexa simplemente conmemorativo, porque
eso quererá dicir que TODAS AS MULLERES, sexan de onde sexan, teñan a LIBERDADE de
elixir que queren ser e quen queren ser. Ogallá algún día no que todas as mulleres se poidan
sentir igual de valoradas e afortunadas ca min “no meu mundo de homes”.
Pero eu prefiro falar de PERSOAS, non do seu xénero, nin da súa raza, a súa relixión, a súa
profesión ou o seu aspecto físico. Tódalas persoas somos IGUAIS, e o máis importante é ser
BOA PERSOA.
Se recordades as miñas palabras, o que me levou a estudar enxeñería foi a miña habilidade cos
números e a curiosidade por saber “o porqué das cousas”. Explotade ó máximo o que se vos da
ben e esforzádevos porque se vos de mellor o que non se vos da tan ben, pero non vos
frustredes no intento. Loitade por ser o que máis vos guste ser. E non esquezades nunca que o
máis importante é a ACTITUDE.
Gustoume moito saber que Zaira queira ser enxeñeira coma min, e tamén que haberá
astrofísicos, policías ou mestres no futuro. Pero estarei igual de orgullosa dos que decidan ser
perruqueiros, labregas, médicas ou mecánicos. Todos somos necesarios, e sobre todo, persoas
igual de importantes.
E ademais, en realidade todos somos enxeñeiros... ¿Recordades o que significa? Non vos din o
outro día a pista que vos axude a recordalo, pero é a seguinte: enxeñería (ingeniería en
castelán) ven da palabra enxeño (ingenio en castelán). ¿Quen non ten que aplicar o seu
enxeño para solucionar algún problema?
Unha calorosa aperta,
Eva Fariña
Arteixo, 8 de marzo de 2020.