Estudou a licenciatura de Matemática na Universidade de Santiago de Compostela. Especializouse en Matemática Aplicada, onde estudou as matemáticas coma unha ferramenta para a comprensión dos fenómenos físicos que ocorren na realidade, é dicir: podemos "modelizar", para que se entenda, escribir a través das matemáticas calquera cousa que ocurra na realidade. Por exemplo: o comportamento que pode ter un material ante certas incidencias como pode ser ante unha forza que teña que soportar, ou unha rotura ou un quencemento en caso dun incendio.
Realizou a súa tese doutoral estudando o comportamento dos materiais termoviscoelásticos, que son aqueles que teñen distintos comportamentos segundo a temperatura que teñan. Matemáticamente pode modelar o comportamento destes materiais que poden axudar por exemplo a estudar o seu dano.
Actualmente está a traballar na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña, onde é profesora de Educación Matemática, xa que sempre lle gustou ensinar matemáticas e formar a futuros mestres de Educación Primaria e Educación Secundaria. Compaxina as súas investigacións, un campo que lle apaixona, co mundo da Educación, polo que tivo debilidade dende pequena.
Di que a súa visión de defender as matemáticas como ferramenta para entender o mundo sírvelle moito para facer entender para que sirven as cousas que estudamos, e así deseñar recursos para mellorar esa aprendizaxe, xa que ela defende a ensinanza a través dos materiais manipulativos e distintos recursos.
Nome e apelidos: Cristina Naya Riveiro
Estudos:
Licenciada en Matemática pola USC. Especializada en Matemática Aplicada.
Tese doutoral basada no estudo do comportamento dos materiais termoviscoelásticos.
Investigacións principais:
Comportamento dos materiais termoviscoelásticos ante unha forza que deba superar.
Control da actuación de certos materiais en circunstancias de incendio.
Ocupación actual:
Profesora de Educación Matemática na Facultade de Ciencias da Educación da UDC,