Estudou a carreira de Bioloxía, coa especialidade en Bioloxía Molecular e Biotecnoloxía, en Santiago de Compostela (2000-2005). Cando rematou os estudos realizou os cursos de doutorado en Bioquímica e Bioloxía Molecular (2005-2007), comezando coa tese no departamento de Bioquímica, onde estiven investigando en diabetes infantil, concretamente intentando entender as causas que provocan a aparición da enfermidade. Doutorouse no ano 2011 (sobresaínte cum laude e premio extraordinario de doutorado).
No ano 2012 marcha coma investigadora postdoutoral cunha beca da Fundación Barrié de la Maza, ao King’s College London (Reino Unido). Máis adiante tamén recibe financiación Marie Curie da Unión Europea. Alí estivo ata o ano 2017, onde continuou investigando en diabetes infantil, concretamente en mecanismos de autoinmunidade e ensaios clínicos. No ano 2017 volta a Galicia, ao CINBIO da Universidade de Vigo, tamén para investigar en autoinmunidade, neste caso sobre esclerosis múltiple. Trala súa baixa por maternidade, incorpórase ao CiMUS da USC no 2018, de novo cun contrato Marie Curie da Unión Europea, para levar a cabo novos fármacos para tratar a artritis reumatoide, outra enfermidade autoinmune.
Nome e apelidos: Iria Gómez Touriño
Estudos:
2000-2005: Licenciatura en Bioloxía pola USC. Especializada en Bioloxía Molecular e Biotecnoloxía.
2005-2007: Cursos de doutoramento en Bioquímica e Bioloxía Molecular.
2011: Doutora Cum Laudem e premio extraordinario de Doutoramento.
2012: investigadora posdoutoral no King`s College London (Reino Unido) con bolsa de estudos pola Fundación Barrié de la Maza. Tamén recibe financiamento Marie Curie da Unión Europea.
Investigacións principais:
Diabete infantil
Esclerose múltiple
Artrite reumatoide
Ocupación actual:
Investigación no CiMUS da USC desenvolvendo fármacos para a artrite reumatoide.